GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1149
1462, xullo, 9. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Díaz e a dúas voces todo o que pertence ós aniversarios nas freguesías de San Bertolameu e San Cristovo de Chamoso, por renda anual dunha carga de centeo.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 23 r.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 23.
   

Sabeam quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde suben a os orgoos da dita iglesia, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçion et entendendo que fazemos noso probeyto et de nosos subçessores aforamos et damos aforo et averbo a vos, Pedro Dias de Moesteyro, fillo que fostes de Diego Gomez de Moesteyro, por en toda vosa vida et de outras duas persoas despois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento, et se non for nomeada que seia persona do dito foro quen herdar vosos beens, ou a mayor parte deles, et asi das outras persoas, o noso casal et casas et herdades et arvores et prados et pastos et jures et pertenenças a el perteesçentes que nos avemos et nos perteesçen et a os aniversarios da dita iglesia en a fleyguisia et sub o signo de San Bertolameu de Chamoso, con as herdades que iasen en Avoyn et en don Julian, en a fleyguisia et sub o signo de San Christoboo de Chamosso, segundo as tevo de nos en foro de nos (sic) o dito cabidoo Costança Rodrigues de Chamoso, cuia alma Deus aia, segundo perteesçen a os ditos aniversarios, a tal pleyto et condiçion que tenades vos et as personas, que despois de vos subçederen en o dito foro, as casas do dito casar lebantadas, cubertas et ben reparadas, et as herdades del labradas et ben alaboriadas en tal maneyra que as casas do dito casar et as herddes non se pergan nen vaan a monte por mengoa de reparo, nen de laborio, et que asi as leyxedes a finamento da postremeyra persona, que subçeder en o dito foro, con todos los boos paramentos que en eles foren feytos, libres et desenbargados a nos, o dito cabidoo, et a nosos subçesores; et dedes de foro vos et as ditas personas, en cada un ano, huna carrega de boo çenteo linpio de poo et de palla posto en o dito lugar desde Santa Maria de agosto ata dia de Santa Maria de setenbre a o rendeyro ou colledor dos ditos aniversarios; et con condiçion que cada huna das ditas personas, que despois de vos subçederen en o dito foro, que do dia que en el subçeder por foreyra fasta treynta dias logo segentes nos vena mostrar et insignuar como he foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non fezer que por esse mesmo feyto perga o dito foro. Et a finamento da postremeyra persona, que subçeder en o dito foro, que o dito casar et casas et herdades et arvores fiquen libres et quitas et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et a nosos subçessores con todos seus jures et pertenenças et con todos los boos paramentos que en eles foren feytos.

Et eu Gomes Vaasques de Paramo, canonigo da dita iglesia de Lugo, que soo presente, asi como procurador que soo do dito Pedro Dias et en seu nome et para el et para as ditas persoas, asi resçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo os beens do dito Pedro Dias de conplir et pagar et atender todo o suso contiudo, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo damos et outorgamos et por que seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro por lo notario iuso escripto, anbas en un tenor, huna para vos, o dito Pedro Dias, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos subçesores, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Pedro Dias, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, nobe dias do mes de jullio, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et dous anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso, o dito Gomes Vasques, Johan Vidal, Diego Ferrnandes, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Ferrnandes de Mera, canonigos, et Ruy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado por losenor Obispo et iglesia desse lugar, a todo esto que susodito he con os ditos testigos presente foy et esta carta por outro fige escrivir et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.