GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1295
1479, marzo, 3 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán de Vilar e a dúas voces o lugar de Forcados en Sardiñeira e outro en Santalla de Rei, por renda anual de 36 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 59 v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 59 v.

Sepan quantos esta carta de foro viren como como (sic) nos las personas canonigos et benefiçiados de la iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo dentro en a dita iglesia ante a porta por donde soben a as bovedas, damos aforo et averbo a vos Juan de Vilar, porteyro da iglesia de Lugo, et a outras duas personas despois de vos con tanto que seia persoa deste foro fillo ou filla que ficar despois de vosos dias et de vosa muller, Lionor [...], et non quedando fillo nen filla dela que seia quen vos nombrardes en vosa vida ou a tempo de voso finamiento, ou quen erdar vosos bees de dereito, et asi da outra persona. Conben a saber que vos aforamos dous casares de herdade, que perteesçen a os aniversarios desta dita iglesia, que son sytos et locados en terra de Lemos, un deles chamado o lugar de Forcados, que he en terra de Sardineyra su o signo de (espacio en branco), et ho outro syto et locado en terra de Santa Alla de Rey su o signo de San Juan d’Abrençeoo, que es dos lugares et casas et casares et herdades et montes et fontes et prados et pastos et çebeyros et herdades bravas et mansas como quer et en qualquer maneyra que lles perteesca ou a qualquer delos ou con eles andan. Vos aforamos et a as ditas duas personas despois de vos a tal pleito et condiçion que labredes, ou fagades labrar, todas las herdades dos ditos lugares que se agora labran, et tenades as casas dos ditos lugares feytas et cubertas et ben reparadas, et dedes vos et as ditas personas de foro et renda, en cada un ano, treynta et seys maravedis de moeda vella et que os pagedes, en cada un ano, por dia de San Martino de nobenbro aqui en esta çibdad de Lugo a o rendeyro et colledor das rendas dos ditos aniversarios, et que se algund pleito, ou letigio, ou outra question alguna se requesçer sobre estes ditos lugares, ou sobre qualquer deles, que sigades a vosas costas et expensas, et se fordes bençido que vos conponades con elo. Et que cada persona que despois de vos suçeder por persona deste foro que seia tiuda et obligada do dia que asi suçeder por persona de se viir presentar ante nos, ou ante nosos suçesores, et mostrar como he persona fasta trinta dias primeyros segentes, so pena que se o asi non feser que por ese mismo feyto perga o dito foro et se torne a os ditos aniversarios et a esta iglesia de Lugo, cuio he, sy llo quiseren reçeber. Et a finamento da postrimeyra persona, que suçeder en este foro, que os ditos lugares et casas et herdades deles fiquen as casas feytas et cubertas et reparadas a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, cuios son, con todos los boos paramentos que en eles foron feytos.

Et eu o dito Johan de Vilar, porteyro, que presente estou por min et por las ditas duas personas despois de min asy resçebo de vos, los ditos senores, este dito foro dos ditos lugares por los ditos treynta et seis maravedis veios, en cada ano, pagos en esta çibdad et por cada dia de San Martino de nobenbro, et con todas las otras condiçoes arriba contiudas, et obligo a min et a meus bees et das ditas personas de o conprir et atender et pagar todo asy.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos, et por mayor firmesa mandamos delo faser duas cartas de foro anvas en hun thenor una para vos, o dito Juan de Vilar, et vosas personas et outra para nos, o dito cabildo, et queremos et outorgamos que a vosa carta seia seelada con noso seelo pendente et se non for seelada que non valla nin vos outorgamos o dito foro.

Que foy feyto et pasou todo o sobredito, dia quarta feyra, tres dias do mes de março, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et nobe anos.

Foron presentes en este cabildo: don Afonso, chantre; et don Gomes Garçia, arçediano de Deçon; don Diego Ferrnandes, mestrescola; et Diego Vasques, et Pedro de Mera, et Pedro Martines, et Ruy Dias de Freyxo, et Afonso Martines de Galdo, et Gomes Ferrnandes, et el vachiller Pedro Ferrnandes de Vilfranca, canonigos et capitulantes. Testigos que foron presentes: Juan Arias Mançebo, et Afonso de San Jullao, raçoeyros; et Ruy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro de Lugo et rendeyro dos aniversarios da dita iglesia, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria et notario dos abtos do dito cabildo, a todo ho que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy, et esta carta de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada, seyendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fiz escripvir et en meu registro et protocolo ha sentey et por ende fize aqui estos meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.