GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

945
1417, xuño, 17. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi Fernández, á súa muller e a unha voz herdades e cortiñas na freguesía de Santa María Madalena de Recatelo, por renda anual de catro tegas de pan centeo.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 121 r.


       

Sabeam todos como nos as persoas, coengos, benefiçiados et homes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, con Lopo Ferrnandes, coengo en a dita iglesia, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente, avendo primeyramente noso consello et deliveraçon aforamos a vos Roy Ferrnandes, et a vosa muller, Costança Rodrigues, filla de Jacome Afonso de Narla, a anbos et a cada hun de vos et a huna persona depus de vos, aquela que o postrimeyro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento, et se non for nomeada que seia quen herdar vosos bees de dereyto ou a mallor parte delles, todas las herdades et cortinas que son et perteesçen a os ditos aniversarios da dita iglesia et a nos por nome dela, a montes et a fontes por onde quer que vaan, as quaes iazen sub signo de Santa Maria Magdalena de Regatelo con todas suas dereyturas, pertenenças, a a tal pleito et condiçon que vos et cada hun de vos et a dita persona, que en o dito foro suçeder depus vos, que labredes et paredes ben as ditas herdades, et as tenades en boo paramento en tal maneyra que se non pergan con mingoa de lavorio; et dedes et paguedes de foro et de penson en cada hun ano, a o moordomo et rendeyro que for dos ditos aniversarios, vos et cada hun de vos et a dita persoa, que suçeder en o dito foro, quatro teegas de pam que seia boo çenteo limpo de poo et de palla por medida dereyta, postas en paz et en salvo dentro en a çiudade de Lugo en todo o mes de agosto sen condiçon ninhuna. Et a finamento da postrimeyra persona que as ditas herdades fiquen livres et quitas et desenbargadas a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en ellas foren feytos. Et outrosy que cada hun de vos et a dita persona que suçeder en o dito foro, como dito he, seiades teudos et obligados de viir notificar et mostrar o dito foro a o dito cabiidoo do dia que en el suçeder et del for persona ata triinta dias primeyros seguentes como he et fica persona del sub pena de perder o dito foro.

Et eu, o dito Roy Ferrnandes, que presente estou por min et por la dita mina muller, Costança Rodrigues, et persona asi reçebo o dito foro das ditas herdades de vos, o dito cabidoo, et obligo min et meus bees et da dita mina muller et persona para comprirmos et atendermos et pagarmos en todo o sobredito segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabidoo, asi vo lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fezese desto duas cartas anbas feytas en hun tenor huna para nos, o dito cabidoo, et outra para vos, o dito Roy Ferrnandes, et Costança Rodrigues et persona, et as signase de seu signal, et para mayor firmeza mandamos seelar a carta de vos, o dito Roy Ferrnandes, con o seelo de nos o dito cabidoo.

Feyto et outorgado foy esto todo en o dito coro da dita iglesia de Lugo, dez et sete dias do mes de junyo, ano da naçença de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que dito he: don Juan Martines, dean; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; don Lopo Diaz, mestrescola; don Rodrigo Afonso, juys; Juan Eanes, Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Juan Diaz, don Rodrigo Ares, chantre de Santiago, canonegos; Fernan Ferrnandes, Fernan Rodrigues, raçoeyros; Diego Afonso, Lopo Rodrigues, Fernan Eanes, sancristan, Fernan Peres, Afonso Pees Pallim, Fernan Peres, clerigos do coro da dita iglesia; frey Rodrigo de Burgo Novo, custodio, frey Alvaro de Millide, frayres do Moesteyro de San Françisco de Lugo; Mestre Juan, porteyro; et Rodrigo Eanes, signeyro da dita iglesia; et Fernan de Meylae, vezino de Lugo, et outros.

Et eu Fernando das Cortinas, notario publico da çiudade de Lugo por la auctoridade do senor Obispo dese lugar, a o que sobredito he con os ditos benefiçiados et testemoyas presente foy et por mandado delles et por rogo do dito Roy Fernandes este publico instromento fis scripvir et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade (signo).

Fernandus, notarius.

Materias

selo; administración; alimentos; aniversario; arcediago; beneficiado; campá; campaneiro; canon foral; catedral; centeo; chantre; cóengo; coro; crego; custodia; custodio; deán; dignidades; esposa; esposo; filla; frade; franciscano; Libro do Cabido; mesa capitular; mestrescola; mordomo; muller; notario; orde dos Irmáns Menores; pai; pan; porteiro; racioneiro; rendeiro; sancristán; sogro; xenro; xuíz; cabido

Persoas

Afonso Pérez Palín, crego do coro; Afonso Teixeiro, cóengo de Lugo; Álvaro de Melide, frade; Constanza Rodríguez; Diego Afonso; Diego Álvarez, arcediago de Neira; Fernando de Meilán; Fernando Eáns; Fernando Eáns das Cortiñas, notario; Fernando Eáns, sancristán; Fernando Fernández, racioneiro de Lugo; Fernando Pérez, crego do coro; Fernando Rodríguez, racioneiro de Lugo; Lopo Afonso, arcediago de Dozón; Lopo Díaz de Freixo, mestrescola de Lugo; Lopo Fernández, cóengo de Lugo; Mestre Xoán, porteiro do cabido de Lugo; Roi Afonso, xuíz de Lugo; Roi Ares, chantre de Santiago de Compostela; Roi de Burgo Novo, frade custodio; Roi Eáns, campaneiro; Roi Fernández; Xácome Afonso de Narla; Xoán Díaz de Cordido, cóengo de Lugo; Xoán Eáns, cóengo de Lugo; Xoán López, cóengo de Lugo; Xoán Martínez, deán de Lugo; Lopo Fernández, cóengo de Lugo

Outros

Lugo, bispado; Lugo, cabido; Santiago de Compostela, cabido; San Francisco de Lugo, convento

Lugares

Cortiñas; Dozón; Meilán; Melide; Narla, San Pedro; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Recatelo, Santa Maria Madanela; Santiago de Compostela