GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

780
1378, maio, 8. Lugo
Cláusulas testamentarias de don Álvaro Rodríguez, arcediago de Dozón, polas que lle manda á igrexa de Lugo, para aniversarios e procesións, dúas casas na cidade, tres cuartos da cortiña dos Guimareus e outras cantidades en metálico.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 92r, traslado polo notario Gonzalo Pérez por pedimento do Cabido: 1378-V-8.

Era de mill et quatroçentos et des et seys annos, oyto dias de mayo.

En presença de min Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo bispo dese lugar, et das testemoyas subscriptas, o dayam et cabidoo da iglesia de Lugo pidiron a min notario que lles [fesese] o traslado de hunas claussolas do testamento de don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon, que foy, [as quaes son estas]: “item mandou o dito arçidiago en seu testamento que o primeyro sabado depoys de oytavas de Pascoa que lle fecesen huna proçisson de cada anno, segundo que a el comesçaria a faser ata aqui, et que desen por ella de cada anno viinte moravedis. Fernando Peres, notario. Item mandou faser outra proçisson de cada anno por Sant Maçia et que dessen para ella quinse moravedis. Item mandou a os anivesarios desta iglesia por la sua alma a sua casa, que esta enna rua de Vermun Sanches, tirado ende o quinon que em ella han os andadores, et que lle fesesen por ella hun aniverssario. Item mandou que lle fezessen as ditas proçisoes por la sua cassa que esta ante a Carneçaria en que enton morava Fernando de V[...] Fernando Peres, notario. Item mandou por los tres quartos da cortinna dos Guimareus, et por la cassa lousada que y esta [...] sanchristan da iglesia de Lugo dissesen cada anno en quareesma seys missas, as duas da triidade, et as outras duas de Santa Maria, et as duas de requiem por sua alma et de Arias Peres da Cruz, seu tio, et d’aquelles a que he teudo, et que desen para cada misa dous [maravedis]”.

As quaes clausulas eu o dito Gonçalvo Peres, notario, tirey do dito testamento a pitiçon do dayan et cabidoo de Lugo, segundo que en el iasian por testemoyas Lopo Peres, porteyro do cabidoo, Fernando Afonso et Gonçalvo, scriipvaes, ts.

Et eu Gonçalvo Peres, notario sobredito, a esto foy presente et puge y meu signal.