GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

877
1388, xullo, 24. Romeán
Acta notarial pola que o bispo de Lugo lle reclama a Roi Vázquez a metade dunha cortiña.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fols. 30v-31r.

Anno da naçença de noso Salvador Ihesu Christo de mill et tresentos et oyteenta et oyto annos, viinte et quatro dias de jullio.

En Remiae que he enno couto de Lugo, presente ho onrrado sennor don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, et Ruy Vaasques de Remiae, en presença de min Afonso Touron, notario publico de Lugo et dos coutos et lugares et negoçios da iglesia dese lugar, et das testemoyas subscriptas o dito sennor obispo diso a o dito Ruy Vaasques que el tragia et usava huna cortinna que jas entre o paaço que foy de Vaasco Gomes, padre do dito Rodrigo Vaasques, et o formal do paaço d’agoa morca que he do dito sennor obispo, enna qual cortinna o dito sennor obispo diso que por nonme de sua iglesia avia en ella a meatade, segundo diso que lle fora dada et lle perteesçia por quanto os vedrayos do dito lugar lla deran por pesquisas que sobrelo foran tiradas, et por ende que rogava a o dito Ruy Vaasques que lla leyxase et desenbargase para a el et sua iglesia usaren et averen sen seu enbargo, se non que protestava que el lle fose tiudo os novos que dela levara ata aqui et levase de aqui adeante.

Et o dito Ruy Vaasques diso et que se non parava a parte alguna que a o dito sennor obispo avia enna dita cortinna et lle pedia que tevese por ben et fose sua merçee de saber delo a verdade por los vedrayos do dito lugar, et segundo a verdade que sobrelo achase que o livrase segundo sua merçee fose. Et logo enton o dito sennor obispo diso a Johan Rodrigues et a Afonso Peres et a Pedro Fernandes, moradores enno dito lugar de Remiae, por quanto diso que eran os mays vedrayos do dito lugar et sian a todo esto presentes, que lles mandava en verdade de santa obidiençia et sub penna d’escomonion et por juramento dos santos avangeos, que lles logo deu en presença de min, o dito notario, et testemoyas suscriptas, que disesen et declarasen a verdade cuia era et a quen perteesçia a dita cortinna; et os ditos Johan Rodrigues et Afonso Peres et Pedro Fernandes diseron [sobrando] o dito juramento que a dita meatade da dita cortinna que jas en çima do paaço do dito Ruy Vaasques et que ora el lavra et usa he do dito sennor obispo et de sua iglesia, a qual meatade dela lle perteesçe contra o formal do paaço d’agoa morca por as setimas do casal do Outeyro, et diseron que esta verdade et declaraçon sabian por quanto sobresta rason viran tirar duas pesquisas enno dito lugar: huna a don Ruy Gonçalves, mestrescola de Lugo, et a Johanne Yanes de Burela, et outra a Afonso Fernandes de [Channea], et por ellas acharon ennos omes vedrayos do dito lugar que a dita meatade da dita cortinna contra o dito paaço d’agoa morca era do dito sennor obispo et de sua iglesia, et lle perteesçia por la vos et setimas do dito casal de Outeyro. Et esto diseron que o davan asy por declaraçon et verdade seendo çertos et sabendo que era sy verdade.

Et o dito Rodrigo Vaasque diso que se non parava a aquela parte que da dita cortinna perteesçia a o dito sennor obispo et a sua iglesia et lle os ditos vedrayos davan por sua verdade salvo mandandolle o dito sennor obispo que a usase et lavrase por el que llo terria en merçee. Et desto en commo pasou o dito sennor obispo pedio a min notario testemoyo.

Testemoyas que foron presentes: o dito Ruy Vaasques; Vaasco Padron; Ruy Peres, clerigo de Masoe, et outros.

Et eu Afonso Touron, notario publico de Lugo et dos coutos et lugares et negoçios da iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo do dito sennor obispo este testemoyo en minna presença fis scrivir et puge en el meu signal en testemoyo de verdade.