GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1386
1492, setembro, 10. Portomarín
Subforo da cortiña do Bonçon por Nuno Fernández a favor do clérigo Fernán Rodríguez, por renda anual de tres marabedís vellos.

MADRID, AHN, Carp. 1333 E/7, perg. orix., galego, cortesá, 240 x 160 mm.

[Sabean quantos] esta carta de foro vyren como eu Nuno Ferrnandes, vezino et morador en a çibdad de Lugo, que soo presete, [...] foro a vos Fernan Rodrigues de Portomarin, clerigo de Santa Maria de Vylar Agiinty, et mays por lo tempo et personas [...] del senor hobyspo de Lugo, don Garcia de Vaamonde, et ganado eu ou meus heredeyros para mays tempo ou vozes [...] para vos et para as vosas. Conben a saber que vos aforo, como dito he, a cortina do Bonçon segun que a vos [...] et segun que trougo voso padre et a prantou de vyna asi vos la aforo a tal pleyto et su tal condiçon [...] reparedes et a tenades en bon paramento en tal maneira como se non perça por mingoa de labor et de bon paramiento; [et dedes], en cada un ano, vos he vosas vozes a min et a as minas tres maravedis vellos, contando des cornados por cada maravedil, pagos por San Martyno do mes de nobenbro.

Et eu, o dito Fernan Rodrigues, que soo presente, asi reçebo este dito foro de vos, o dito Nuno Ferrnandes, para min e para as ditas minas vozes, et obrigo a mi et a todos meus beens de ter, conprir et pagar todas las condiçoos en esta carta contenidas. Et eu, o dito Nuno Ferrnandes, que soo presente, asi vos lo outorgo et obligo a min et a todos meus beens de vos defender a dereito con este dito foro durante o tempo et personas del. E nos as ditas partes mandamos et rogamos a o notario juso escricto que faga delo una carta de foro et a sygne de seu sygno en maneira que faga fe en juyzio et fora del.

Que foy feyta et outorgada en Portomarin, dez dias del mes de setenbro, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et noventa et dous anos.

Testigos que foron presentes chamados e rogados: el senor [Comendador] reyal, Vasco de Quiroga; et Pedro de Paramo; et Juan Lopes, clerigo; et Afonso de Lemos, et outros.

Et eu Fernan Rodrigues de Medoos, escrivano e notario publico por la autoridad apostolica, a todo esto que dito he con los ditos testigos presente foy, et esta carta de foro escrevy et aqui fize estes meus nome et signo en testymonio de verdade que tal he rogado et requerido.

Fernan Rodrigues, notario (signo).