GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

108

1367, novembro, 19. Vilamaior-Mondoñedo.
Lopo Núñez de Montenegro, fillo de Roi Freire de Andrade, comprometeuse como bo e verdadeiro vasalo do bispo de Mondoñedo don Francisco (1367-1393) e do Cabido en tódalas cousas que el entendese que eran do seu servicio, comprometéndose a non amparar ós cregos do arcediagado de Montenegro e ós leigos que pagaban rendas e outras cousas similares.
A, perg., con dobre selo notarial e orificios do selo de chumbo, de 340 x 327 mm. Letra semigótica.

Enno nome de Deus. Amen. Era de mill et quatroçentos et çinquo annos des et noue dias de novenbro. Sabean quantos esta carta virem / commo eu Lopo Nunes de Montenegro fillo que foy de Ruy Freire d-Andrade entregome por uassllo et beyio logo a mao asy commo uassalo / a sennor a uos o orrado padre et sennor don Francisco por la graça de Deus et da santa iglesia de Roma obispo de Mendonedo et de uossos susçesores / et da uossa iglesia de Mendonedo boo et verdadeyro uassallo et que deuo de seruir a uos et aa dita iglesia de Mendonedo et aos uosos susçesores asy commo / boo amigo et leal uasallo deue seruir a seu sennor. Et deuo de procurar todas las cousas que eu entender que son seruiço et prol et onrra de uos / et de uossos susçessores et de uosa iglesia de Mendonedo por conçello et por puridade et desamar todo uoso dano et da dita uosa iglesia en quanto eu poder / et outrosy et et aquelles que conmigo biuem ou biuerem non deuemos de reçebir por uassallos nen por amos os uossos peyteyros et foreyros et se os / temos reçebudos que nos partamos logo delles nen auemos de reçebir por uassallos aos hommes fillosdalgo que son ou foren uosos uasallos ata que / se espidirem de uos commo deuem et reçebendoos nos depos desto por uassallos que eu nen os que conmigo biuerem que os non anparemos nen de/fendamos con os uosos dereitos et da uosa iglesia nen con a justiça et cousas que nos somos teudos. Outrosy que eu o dito Lopo Nunes non enpare nen defenda / nen leyxe anparar nen defender aos que conmigo biueren aos clerigos de Montenegro et de toda a minna comarca nen aos hommes que uos deueren / as uosas rendas et dereituras et pididos et tallas que deuerem a uos et a dita uosa iglesia et que estrardes et deytardes sobre elles et que os constrenga / que os paguen ben et conpridamente. Outrosy que ennos lugares que eu o dito Lopo Nuñes teno ou teuer de uos et da dita uosa iglesia de Mendonedo en que ha mon(edas) que me non pare eu nen os que commigo biuerem a elles nen nos enbargue en algua maneira mais que faça quanto poder que uos o dito sennor obispo / que as aiades ben et conpridamente. Outrosy eu que anpare et defenda ben et conpridamente des la Infesta de Pando alende toda a terra de Costas de Montes que he de uos o dito sennor obispo et da iglesia de Mendonedo et qualquer outra terra que uos o dito sennor obispo et a iglesia de Mendonedo ouuerdes en / aquella terra en que eu comarco(?) et non no fasendo asy que o pague por min et por meus bees toda a malfeyturia que y fesere. Outrosy que uos sirua / ben et lealmente des aqui endeante asy commo uosso uassallo leal et verdadeyro deue a seruir a seu sennor et uos ajude quando uos / conprir et cada que me chamardes contra todos los hommes do mundo saluo contra outro sennor cuio vassallo eu fosse et non conprindo eu o dito Lopo / Nunes todas las cousas et condiçoes sobreditas et subscriptas et cada hua dellas contehudas en este estromento que eu o dito Lopo Nunes perga / as terras subscriptas que eu o dito Lopo Nunes teno de uos o dito sennor obispo et da iglesia de Mendonedo as quaes som o couto de Foroes / et os dereitos da prouança de Montouto dauondant et os dereitos que uos et a iglesia de Mendonedo auedes en Castro Mayor et enna iglesia do dito / lugar de Castro Mayor et todas outras cousas que teuer de uos et da iglesia de Mendonedo en qualquer maneira. Et demays eu o dito Lopo Nunes para teer et abreger ben et conpridamente todas las cousas sobreditas et subscriptas contehudas en este estrumento faço juramento aos / santos auangeos de Deus tangendoos con minna mao destra as escruipturas que tena et garde en todo segundo dito he et demays faço pleito et ome/nage ennas maos de Afonso Reymondo escudeyro commo fas fidalgo a fidalgo que eu tena et cunpla et garde assy todas las cousas et cada / hua dellas contehudas en este estromento et non gardando asy estas cousas et cada hua dellas segundo dito he o que Deus non queyra que o dito / Afonso Reymondo ou outro escudeyro fidalgo que me possa por ello deser mal et poerme as maos por contra el rey et que page de/mays as cousas sobreditas et lugares que teno da dita iglesia de Mendonedo et do dito sennor obispo. Et desto mando fasser a estes notarios / sobescriptos hun estromento dous ou mays quantos conprir et darlos et o desem ao dito sennor obispo et logo o dito sennor obispo assy reçe/beu por nome de sy et da sua iglesia de Mendonedo a dita obligaçon que lle o dito Lopo Nunes feso. Feyta esta carta en Villamayor çibda/de de Mendonedo o dia et mes et era sobreditos. Testemoyas que foron presentes don Lopo Eanes chantre de Mendonedo Frey Gonçaluo / yrmao do dito sennor obispo Afonso Reymondo Pedro Dias do Egueyro Johan Afonso raçoeyro de Mendonedo Afonso Peres Rodrigo Eanes Johan Eanes / cidadaos de Villamaior cibdade sobredita et outros.
Et eu Gonçaluo Peres notario publico jurado dado do bispo a todo esto que sobredito he con las ditas testemoyas presente fuy et por mandado / do dito sennor obispo et do dito Lopo Nunes esta carta con minna mao propia escriui et en ella puge meu nome et meu signal / que tal he en testemoyo de verdade que fuy feyta enno dito lugar o dia et mes et era sobreditos et por las ditas / testemoyas. (Signo).
Et eu Affonso Eanes notario publico jurado dado do bispo de Mendonedo enna çidade de Uilamayor et en todo o seu bispado a esto que dito he con lo dito Gonçaluo Peres / notario et testemoyas sobreditas presente fuy et por mandado do dito sennor obispo et Lopo Nunes esta carta o dito Gonçaluo Peres notario escriuiu por sua mao / en minna presença et eu puge en ela meu nome et meu signal acustumado en testemoyo de verdade que tal he. Feyta enno dito / lugar de Uilamayor dia mes et era et testemoyas sobreditas. (Signo).

(Reverso):
M. x. n. 4. Testemoyo que Lopo Nunes de Montenegro feso con o bispo de Mondonedo don Francisco.