GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

102
1434, febreiro, 14

Juan Fernandes Agulla, veciño de Pontevedra, afora para senpre a Juan de Deus barbeiro e á súa muller Inés Rodrigues a viña do Prado, en San Mamede de Moldes, por foro do tercio do viño.

(ff. 48-49)

Predito. Sabean todos que eu Juan Fernandes Agulla, besiño da villa de Pontebedra que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas bozes, aforo et dou en aforamenteo para todo senpre a vos Juan de Deus, barveiro besiño da dita villa, et a vosa moller Ynes Rodrigues, que sodes presentes, et a todas vosas voses, toda a mĩa biña desimo a deus que disen do Prado, que he ẽna fiigresia de San Mamede de Moldes, con duas cortiñas çerca dela, a qual viña vay de longo, da hua parte con outra leira de viña de Pero Eanes do Rego alfayate, que foy de Juan Domingues carniçeiro, et da outra parte vay de longo con outra leira de viña de Ares Garçia de Rajoo, que foy de Juan de Santa Maria notario da dita villa que foy, et vay entestar a dita viña ẽno rio dos moynos et sal con portas ẽna congostra publica de Pontebedra que vay para San Paayo, et aforobos como dito he a dita biña con seu tarreo en que esta et con seu muro et çerqua // entradas et seydas et perteenças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito et con mas as ditas cortiñas de herdade que estan junto con a dita viña, ficando a salvo a mĩ a cortina et herdade do meu moyño que dizen do couto, segundo que a dita cortiña suia andar con o dito moyño. Et o al todo vos asi aforo para que lavredes a dita viña de poda, cava, arrenda, rodriga et a esterquedes et cerquedes et muredes et valedes et requirades de todos los outros lavores que ouver mester, en maneira que se non perga por mingoa de lavor et chousura, et devedes de dar a mĩ et a mĩas vozes vos et a dita vosa moller et vosas vozes para senpre por foro, renda, conosçemento da dita viña, en salvo sen desconto algun, o terço do viño que Deus en ela der mosto aa dorna, o desimo a Deus pago de consũu, et vos averdes os outros dous terços par voso lavor et feitio, et devedes de vendimar o biño da dita viña por mĩ ou meu home, et procurar de comer et de beber a mĩ ou ao que por mĩ estever ao partir do dito viño, et demas devedes de dar a mĩ a mĩas vozes por renda, censo et conoscemento das ditas cortiñas, o quarto de todo o que Deus en elas der, salvo de verças et outras legumias, et devedes aver desimo a Deus as ditas cortiñas estes primeiros tres anos. Et avendo de vender ou sopẽnorar este dito aforamento et o feitio que ende feserdes, a mĩn et a mĩas bozes o devedes faser, tanto por tanto querendo nos, et non o querendo que entono façades a persona semitavell de vos que teña et conpra este dito foro. Et outrosi devedes vendimar o biño da dita mĩa viña ẽno meu lagar que se ẽnas casas de mĩa morada, et devedeslo apartar por vosa custa, et eso mesmo as tinallas fasendovos mester, et avendose mester madeira para o dito lagar, eu a devo de dar. Et por esto que dito he eu nen mias vozes non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento, por mas nen por menos nen por al tanto que nos outro por elo de, nen por // disermos et alegarmos que ouvo et ha en elo engãno mas da metade do justo preço et o queremos para nos, nen por outra rason algũa que por nos posamos, ante prometemos et outorgamos de vos anparar et defender con este dito aforamento por senpre de todo enbargo por mĩ et por meus bẽes que vos a elo obligo, et so pena de dous mill mrs. de boa moeda que peite etc. Et eu o dito Juan de Deus et a dita mĩa moller, que somos presentes, asy resçebemos et outorgamos este dito aforamento por las maneiras et condiçoes sobre ditas. Et prometemos et outorgamos que nos et nosas vozes o teñamos et conpramos et pagemos asi aa boa fe de Deus et sen mao engãno, et por nos et por todos nosos bẽes asi movles como rayses que vos a elo obligamos, et so a dita pena outorgamos de vos dar et peitar por pena por nome de interese etc. Et a pena etc. todavia etc. Que foy outorgado na dita villa de Pontebedra, anno, dias, mes sobre ditos. Testemoyas Juan Domingues Folgado carniçeiro, et Gonçalvo Yanes seu yrmaao et Rui Martines Touriño, barveiro, et Lourenço Garçia, alfayate, moradores ẽna dita villa de Pontevedra et outros.