GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

681
1368, febreiro, 3. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo afóranlles a Rodrigo Afonso e á súa muller e a unha voz dous casais en San Pedro de Ribas Altas e Santo André de Distriz, por renda anual de catro ducias de anguías salgadas e outras obrigas, e reciben a cambio o que posúen os devanditos beneficiarios en San Mamede de Piñeiros, mais os padroados e xantares que lles pertencen en terra de Pallares.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 108v-109r e v, inclúe carta de poder: 1366-IX-11, (CD n.º 678).

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento do dayan et cabiidoo da nosa iglesia, da huna parte, et eu Rodrigo Afonso do Tendal, visino et morador enna villa de Monforte, por min et por minna muller, Elvira Eanes, filla de Iohan Broollo et de Moor Arias, que por huna procuraçon feyta et signada con signal de notario publico, da qual o tenor he este que se sigue:

Segue a continuación a carta de poder (CD n.º 678).

da outra parte, fasemos entre nos tal enprasamento et concambea que seia valedeyra, segundo que en esta carta for conteudo, conven a saber que nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabiidoo, damos a vos, o dito Rodrigo Afonso et a dita Elvira Eanes, vosa muller, para en toda vossa vida d’anbos et a hun fillo ou filla, que seia de vos anbos, qual o postrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, os nosos casares de Vergaços et de Destriis que son sub signos de San Pedro de Ribas Altas et de Santandre de Destris, con todas suas rendas et dereyturas et pertenenças et caneyros et moynos et casas et arvores et iures peru quer que vaan sub os ditos signos, a a tal condiçon que vos, o dito Rodrigo Afonso, et a dita vosa muller et o voso fillo ou filla d’anbos que o pustrimeyro de vos nomear, lavredes et paredes ben, ou façades lavrar et parar ben, as herdades dos ditos casares et tiredes ou façades tirar de monte as que poderdes, que seian sen maliçia, et mantenades et façades manteer as que estan lavradas en boo paramento en guisa que se non perçan con mingua de lavorio et de sarradura, et façades morar as casas dos ditos casares, et os ditos moynos que estan enno dito casal de Vergaços et os mantenades en boo estado con os caneyros que estan enno rio do Cave, en que estan os ditos moynos, et levedes et aiades todas las rendas et dereyturas de pan et de todas las graas et pescado que Deus ennos ditos casares et moynos et caneyros, salvo os serviços dos omes que lavran os ditos casares que nos, o dito sennor obispo, avemos de aver et nosos subçesores. Et avedes-nos a dar, de cada anno, en foro dos ditos casares et moynos et caneyros quatro dusenas d’anguias secas et salgadas, por dia de San Martino de novembro, et avedes de manteer outrosi os arvores que estan ennos ditos casares en boo paramento en guisa que se non talle ninhuna d’aquelas que ora y estan feytas a vosa culpa et negligençia, et se por ventura a tallaren que seiades teudos de poer por cada arvore et pumar que asy tallaren des arvores que seian semellaviles d’aquelas que se asy tallaren, et demays avedes de poer, de cada anno, en cada hun dos ditos casares duas arvores que seian maçineyras, ou pereyras, ou castineyras presas des garfeo et de reys, et avedes de manteer os foros a aqueles omes que lavran os ditos casares por o foro que lles deles fesemos. Et se por ventura enos ditos casares ouver mays pan que çinquo moyos en cada hun anno que seia de nos, o dito sennor obispo, et da nosa iglesia para fasermos del o que nosa merçe for, et avedes de seer vasallos serventes et obedientes nosos et de nosa iglesia et de nosos susçesores, et darnos por loytosa, quando acaesçer de se finar algun de vos, triinta soldos. Et a finamento da pustrimeyra persoa que seia fillo ou filla de vos, os sobreditos Rodrigo Afonso et Elvira Eanes, os ditos casares et herdades deles han de ficar livres et quitos et desenbargados et ben lavrados, et as casas deles et dos ditos moynos feytos et en boo paramento et con os caneyros deles a nos, o dito sennor obispo, et a nosa iglesia, et con todos los outros boos paramentos que en eles foren feytos, et se por ventura vos, os ditos Rodrigo Afonso et vosa muller, Elvira Eanes, non ouverdes fillo ou filla legitimo d’anbos et dous, segundo dito he, que o dito foro et vervo que o non posades leyxar nen dar a outro algun mays que fique a nos, o dito sennor obispo, et a nosa iglesia livre et quito et desenbargado de vos et de toda vosa vos.

Et eu, o dito Rodrigo Afonso, que presente estou por min et por la dita minna muller et persoa asy reçebo de vos, o dito sennor obispo, o dito foro et vervo dos ditos casares et moynos et caneyros, enna maneyra que dita he, et por este ben et merçee que nos vos, o dito sennor, façedes eu, o dito Rodrigo Afonso, en nome de min et da dita minna muller, dou logo a vos, o dito sennor obispo, et a vosa iglesia que aiades para senpre iamays por iur de herdade o quinon dos casares de Bolan et todas quantas herdades pertesçen a a dita Elvira Eanes, minna muller, en Pineyras sub signo de San Mamede de Pineyras, con suas casas et dereyturas et pertenenças et arbores et formaes, iures et pastos, a montes et a fontes per ut quer que vaan sub o dito signo, et douvos mays toda a herdade de Santa Maria de [...] que [...] sub o dito signo de San Mamede de Pineyras, et todos los padroadigos et iantares et presentaçoes de moesteyros et de iglesias que a a dita minna muller pertesçen en terra de Pallares et enno Couto Novo d’aquel cabo o Minno por seu padre, Iohan Broollo, et por Moor Arias, sua nana, os quaes quinoes dos ditos casares et herdades et hermida et padroadegos et iantares et presentaçoes de moesteyros et de iglesias vos dou, segundo dito he, que os aiades d’aqui endeante livres et quitos et desenbargados de nos et de toda nosa vos, et façades deles et de parte deles todo aquelo que vosa merçee for, et logo por esta presente carta pono a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia enno iur et posison et propiedade dos ditos quinoes dos ditos casares et herdades et hermida et iantares et padroadegos et presentaçoes de moesteyros et de iglesias, et tiro ende a min et a a dita minna muller et a toda nosa vos, et des oie este dia endeante todo poderio et senorio seia tirado remuvudo de min, o dito Rodrigo Afonso, et da dita minna muller et de toda nosa vos dos ditos quinoes de casares et herdades et hermida et padroadegos et iantares et presentaçoes de moesteyros et iglesias et posto en vos, o dito sennor obispo, et enna dita vosa iglesia. Et demays eu, o dito Rodrigo Afonso, obligo min et todos meus bees, moviles et rayses, gaanados et por gaanar, ut quer que os nos aiamos et sub quaesquer senorios et iurdiçoes tanben leygarios commo seglares de faser senpre de pas a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia todas las herdades et iures et dereyturas et pertenenças et hermida et presentaçoes et padroadegos et iantares de moesteyros et de iglesias que vos dou en enprasamento et escambea por los ditos casares de Vergaços et de Destris enna maneyra que dita he.

Et nos, o dito sennor obispo, por nos et por la dita nosa iglesia asi o reçebemos et rogamos a Ares Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor, huna para nos, o dito sennor obispo, et nosa iglesia, et outra para min, o dito Rodrigo Afonso, et para a dita minna muller et persoa.

Que foy feyta en Lugo, tres dias de fevreyro, era de mill et quatroçentos et seys annos.

Testemoyas: don Roy Ferrnandes, dayan; don Iohan Dias, chantre; don Iohan Afonso, arçidiago de Deça; don Roy Gonçalves, mestrescola; don Alvar Dias, iuys; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Gonçalvo Eanes, Pedro Arias, coengos; Arias Ferrnandes, raçoeyro da dita iglesia, et outros.

Et eu Arias Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo dado por auctoridade do dito sennor obispo, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu signal en testemoyo de verdade.