GMH/ÍNDICE A-Z

690
1368, xuño, 14. Lanzós
Mariña Pérez de Lago véndelles a Lope Núnez de Montenegro e Andrade e á súa muller, dona Maior, as súas propiedades en Santo André de Lousada, San Martiño, San Pedro e San Salvador de Lanzós, e en Ameixido, no Bispado de Mondoñedo, por 15 000 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1335/6, perg. orix., galego, gótica cursiva, 340x365 mm; incluída en: 1376-IV-9, (CD n.º 754).

Sabeam quantos esta carta viren commo eu, Marina Peres de Lago, muller que fuy de Fernan Lopes de Lençoos, vendo para senpre a vos, Lopo Nunes de Montenegro et de Andrade, et a vosa muller, dona Mayor, et a vosa vos, todos los herdamentos lavrados et por lavrar, et paaços et casas et casaes et fragas et arvores, iures et coutos et senorios et quinoes dos igligarios et leygarios et padroadigos et rendas et iur de apresentar et pan verde et vos et dereyto que eu ey et me pertesçe de aver et herdar por patrimonio et por comprar et por gaanças et por outra rason qualquer, en todas las feliglisias et couto de Santandre de Lousada et de San Martino et de San Pedro et de San Salvador de Lençoos et en Ameyxiido, et en seus herdamentos et ennos outros lugares des la vila das Pontes de Heume a ata contra Vilalva, et contra costas de montes, que son enno obispado de Mendonedo, de montes a fontes, per hu quer que vaan, salvo que vos non vendo hi alguns beens moveles se os se os (sic) ora hi tenno; et reçebo de vos por vençon con todos seus iures et pertenenças quinze mill maravedis, de dez dineiros o moravedi, da moneda usavel que ora corre enno regno, cada maravedi, os quaes maravedis me logo pagastes en los dineiros feitos en presença do notario et testemoyas desta carta, que son passados do voso poder a o meu, de que me outorgo por entrega et ben pagada, et oie este dia vos meto et entrego corporalmente enno iur et posison de todas estas cousas que vos asy vendo, et tiro et removo ende a min et a minna voz, et rogo et mando a todos los omes et mulleres, que por min aian o que foren delo teedores et usadores, que vos lo den et entreguen et vos recudan con todo esto que dito he ben et compridamente, et mando et outorgo que façades delo et de parte delo toda vosa voontade a vida et a morte commo de voso propio, et quero et renunçio, por min et por minna vos, et iuro et prometo a os santos avangeos de Deus que nunca vaa nin faça contra esta vençon en iuyzo nin fora del por min nen por outren, ante iustiça nin ante fora dela, nen me chame sobrelo a enganno nen a outra razon en contrario dela, ante renunçio et parto de min a lee et lees que son feytas et ordenadas sobre razon dos engannos, et obligo min et meus beens para faser a dita vençon saa et de paz.

Et que esto seia çerto rogo et mando a Pedro de Nosche, notario de Vilalva, que faça ende esta carta.

Que foy feyta en Lençoos, quatorze dias de iunyo, era de mill et quatroçentos et seys annos.

Testemoyas que foron presentes: Iohan de Madiat et Gomes Peres, omes da dita Marina Peres; Roy Polo de Lençoos; Fernan Gonçalves de Redondo; Pero de Vilalva, mercador, et Afonso Peres de Goyris, et Fernan Ferrnandes de San Christovoo, et outros.

Et eu Pero de Nosche, notario publico por lo conde don Fernando en Vilalva, foy presente et escrivi esta carta et fiz hi meu signal en testemoyo de verdade.