GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

91
1433, decembro, 23

Juan Fernandes Agulla, veciño de Pontevedra, vende ó seu irmán Afonso Gago Agualla, xuiz da vila, e á súa muller Costança Lopes un terreo que foi casa na rúa de Orraca Casoiro por prezo de 600 mrs.

(f. 43 v)

Viinte et tres dias do dito mes de desenbre. Sabean todos que eu, Juan Fernandes Agulla, vesiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas bozes, non costrengudo por força nen por engano resçebido, mas de mia libre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos, Afonso Gago, meu yrmãao, juis da dita villa, que sodes presente, et a vosa moller Costança Lopes et a todas vosas vozes et suas, todo o meu terratorio desimo a Deus que foi casa, que esta ẽna Rua de Orraqua Cosoiro da fiigresia de San Bartolameu da dita villa, o qual se ten por parede da hũa parte con hũa casa en que agora mora Gonçalvo Françes, et da outra parte se ten por parede con o terratorio et eixido de Pero Gonçales, prateiro, besiño da dita villa, que vay entestar o outon do dito pardineiro con casas do moesteiro de San Salvador de Leres, et sal con portas et fiestras aa dita Rua de Orraqua Cosoiro; et vendo, como dito he, o dito terratorio con seu alto et baxo et de ancho et de longo, et con sua pedra et madeira, pousos et jures et agoas vertentes et con todas suas entradas et seydas, perteenças et dereituras que lle pertesçen et perteesçer deven de dereito, por contia de siesçentos mrs. de moeda vella, contando a branca en tres dineiros, os quaes ditos seisçentos mrs. da dita moeda eu de vos resçebi en presença deste notario et testemoyas, et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade, et renunçio a toda eixençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del et, seo diser, que me non valla et, se mas bal esto que dito he que vos vendo, douvoslo et outorgo en pura et justa et saa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer de dereito ontre vivos. Et todo jur, señorio, posison, propiedade, vos, dereito auçon que eu ey et aver devo en esto que dito he que vos bendo, de mĩ et de todas mĩas bozes, o tiro et tollo et en vos, o dito Afonso Gago, meu yrmão et ẽna dita bosa moller et bosas bozes o pono et traspaso et removo por esta dita carta de benda que vos ende delo dou et outorgo en lugar de señorio et posison corporal, et façades en elo toda vosa libre voontade, asi como de vosa cousa propia, et outorgo et prometo de vos anparar con esto que vos bendo de todo enbargo por senpre, por mĩ et por todos meus bẽes que vos a elo obligo, et so pena do doblo da dita contia que vos peite por pena et en nome de interese seo asi non tover et conprir et contra elo vier; et a pena pagada ou non esto como dito he este senpre firme. Et eu, o dito Afonso Gago, que soo presente, et que faço por mĩ et por la dita mĩa moller et nosas vozes, asi o reçebo. Feita en Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas que foron presentes: Fernan Lourenço, pedreiro, Fernan Vaasques, medidor do sal, et Gonçalvo Mourelo et Juan Mendez, criados do dito juis, moradores ẽna dita villa, et outros.

Feita.