GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

246
1328, setembro, 1
Maior Fernández véndelles a Dominga Pérez e ás súas fillas toda a súa herdade en Galegos e Vilamoure, freguesías de Santiago de Saa e Santa Marta, por 250 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/23, perg. orix., galego, gótica cursiva, 156x124 mm.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta virem commo eu Mayor Ferrnandes, filla de Fernan Miguelles, selleyro, morador ena rua de Vermun Sanches, que foy, presente et outorgante meu marido, Iohan Martines, selleyro, de boo corraçon, vendo a vos, Dominga Peres dita Ramalla, enna meatade, et Affoso Ferrnandez et Aras Afoso, vosos fillos, et criados d’Affonso Ferrnandes Ramallo, de por meo na outra meatade, toda quanta herdade et voz eu aio et devo por aver en Gallegos et en Villa Moure et en seus terminos, con todas suas pertenenças et dereyturas, cassas et formaes, arvores et chantados, montes et fontes peru quer que vaan, assy commo a min perteeçe et perteeçer deven por suçeçon et erança de Fernan Miguelles, meu padre sobredito, sub signo de Santiago de Saa et de Santa Marta, sacado ende o quinon de Maria Iohanes que veer en [...] este meu padre tragia. Et reçebo de vos en preço por esta vençon duçentos et cinquoenta moravedis, a XI dineyros minus terça d’un por cada moravedi, da moneda del rey don Fernando, que foy, de que me outorgo por ben pagada et entrega, et obligo por min et por todos meus bees para vos façer esta vençon senpre de paz, desoie mays a aiades senpre en pas vos et vosa voz pus \vos/ todo o meu senorio et poderrio ende seia removudo et posto no vosso.

Feyta a carta de vençon primeyro dia de setembre, era de mill et CCC LXª et seys annos.

Et foron presentes: Affonso Peres, selleyro, Domingo Peres, freeyro, moradores ena rua de Vermun Sanches; Domingo Pellaes de Villa Moure; Pedro Eanes et Pedro Miguelles de Bedurgos ts., et outros.-

Et eu Fernan Peres, notario publico de Lugo, presente foy et esta notei et scrivi et ponno y meu nome et meu signal e testemoyo de verdade. (+).