GMH/ÍNDICE A-Z

34
1305, febreiro, 18

Mariña Eanes «supinnora» a Xoán Pérez e á súa muller a terceira parte dunhas propiedades en Milleirós e Suyllay, durante cinco anos, por 300 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/9, perg. orix., galego, gótica cursiva, 153x160 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Marina Eanes, filla que foy de Iohan Domingues carpenteyro da rua Nova, et meu marido Domingo Eanes dito Badallo, supennoramos a vos Iohan Peres, mercador de rua Nova, et a vossa muller Dominga Iohannis, a terça parte de todo quanto herdamento et vos Iohan Domingues sobredito avya et devya por aver a tenpo de sua morte en Milleyros et en Suyllay, su signos de Santiago de Meyllay et de Santiago de Sanmasas, et de San Lourenço d'Alveyros, et se nos mays avemos ou nos provem por parte deste Iohan Domingues, su estes signos, mays vos supennoramos con suas pertenenças et dereyturas, a monte et a fontem peru quer que vaan et con todo los iures et posissioons, asy como os vos ora tragedes et possoydes. Et reçebemos de vos por ende treçentos moravedis a XI dineiros minus treça dum por cada moravedi desta moneda que el rey dom Fernando mandou faser, de que nos outorgamos por ben pagados, et supenoramosvolo por tal condiçon que vos tenades este herdamento deste janeyro que ora passou a çinquo annos, et os çinquo annos passados quando quer de sy endeante de janeiro a janeiro novos alsados que vos nos dermos estos CCC moravedis que nosso herdamento nos fique livre et desenbargado, et entre tanto os novos del damosvolos en doaçon entre vivos por muyta ayuda que nos feçestes, et se vos algun este herdamento enbargar obligamos de vo-lo faser de pas.

Feyto foy isto XVIIIº dias de febreyro. Era de mill et CCC XLIIIº annos.

Testemoyas: Domingo Sordo, Pedro Eanes cuytellon, Affonso fillo deste Domingo Martines et outros.

Et eu Affonso Peres notario publico dado pelo bispo de Lugo a o conçello dese mismo lugar a esto presente foy et esta carta escrivi et puge en ella meu signal.

SIGNO