GMH/ÍNDICE A-Z

21

xaneiro, 8

Ante os xuíces, en audiencia na Praza do Campo, Martín Capelo obrígase a satisfacer o soldo que debe a un traballador que contratara. (fol. 6)

Martin Capelo.

A VIIIº dias de jeneiro en Ourense, enna Praça do Canpo, audiençia da terça, ante Joan Gonçalvo Yanes e Afonso Yanes juises, paresçeron Martin Capelo e (- - -) et o dito Martin Capelo demandou ao dito (- - -) que en como se asoldadara con el e tallara soldada, por la qual lle ouvera de dar (- - -) .- e que era prestes de los dar e feso preito o dito (- - -) et declarou que era verdade que se asoldadara con el et por lo dito tenpo e por los ditos mrs. e mandaronlle os ditos juises que lle servise sua soldada e o dito Martin Capelo que lle pagase os ditos .- segundo as condiçoons que ontre elles pasara et as partes consentiron. Tests. Afonso de Betanços, Alvaro Çide notarios, Gonçalvo Yanes merqador, Ares de Doade.