GMH/ÍNDICE A-Z

106
----/--/--s/d

Foro dunha leira de viña cerca de Pontevedra a Fernan Reyxas, por foro do tercio do viño.

(f. 52-52 v)

(Falta o comezo da escritura)

et eso mesmo se ten et vay de longo (roto) Yanes Feichorrino et vay entestar en outra leyra de viña do moesteiro de San Domingo da par da dita villa, et sal et ha o seydo ẽna congostra que vay para outra nosa viña que disen dos pesegeyros, que foy de Duran do Moscojo, a qual congostra sal aa congostra et camiño publico que vay da dita villa de Pontevedra para a Ponte a Sanpayo, et aforamosvos por senpre como dito he, a dita leyra de viña con seu terreo en que esta et con seu muro et çerqua et entradas et seydas et perteesças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven asi de feito como de dereito, para que labredes a dita leyra de viña de poda, cava, rodriga, arrenda, et a esterquedes et valedes et requirades de todos los outros lavores que ouver mester en maneira que se non perga por mingoa de lavor et chosura, et do viño que Deus en ela der devedes de dar a nos et a nosas voses, vos e a dita vosa moller et vosas voses, por foro et çenso et conosçemento o terço do viño que Deus en ela der mosto aa dorna, o disymo a Deus pago de consũu, et vos averdes os outros dous terços por voso lavor et feytio, et devedes de bendimar et coller o viño da dita viña por nos ou por noso mandado et proveer de comer et de veber a nos ou ao que por nos ou por nosas vozes estever ao partir do dito viño. Et demas avendo de vender ou sopẽnorar este dito aforamento et o feitio que ende feserdes, a nos ou a nosas vozes o devedes faser tanto por tanto segundo que vos outro der querendoo nos, et non o querendo que enton o façades a persona semitavell de vos que teña et conpra esto que vos sodes tiudos et obligados de teer et conprir. Et por esto que dito he nos nen nosas voses non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento por mays nen por menos nen por al tanto que outra persona nos por elo de nen por outra rason algũa, ante prometemos et outorgamos de vos defender et anparar con este dito aforamento por senpre de todo enbargo por nos et por todos nosos bẽes que vos a elo obligamos. et so pena de mill mrs. de voa moeda que outorgamos que vos peitemos por pena nos ou nosas voses seo asy non tevermos et conprimos et contra elo viermos. Et eu o dito Fernando Reyxas, que asy soo presente et que faço por min et por la dita mia muller et nosas voses, asy reçebo et outorgo este dito aforamento por las maneiras et condiçõos sobre ditas, et prometo et outorgo que eu et a dita mia muller et nosas voses o tenamos, conpramos et agardemos asy todo como dito he a boa fe et sen maao engano, et por nos et por todos nosos bẽes asy mobles como rayses que vos a elo obligamos et so a dita pena que outorgo

(roto na primeira liña)

sea asy non tevermos et conprirmos et agardarmos et contra elo vieremos, et a pena pagada ou non esto como dito he estc senpre firme. Que foy outorgado ena dita vila de Pontevedra, ano, dias, mes sobre ditos. Testemoyas que foron presentes Afonso Yanes Jaco, notario da dita villa, Juan Rodrigues toneleyro, Juan de Bibeyro mariñeiro, Ruy de Semeyta carpinteyro, moradores ẽna dita villa de Pontevedra et outros.

Feito.