GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

200
1322, abril, 6. Lugo
O deán e o Cabido arréndanlles ao chantre e ao cóengo Arias Pérez tres casais en Albeiros e Xián por dez terzas de todo os cinco primeiros anos; despois, doce terzas.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 61v.

Era de mill et CCC LXta annos, VI dias d'abril. Don Fernan Aras, dayam de Lugo, et o cabidoo desse miismo lugar, arrendaron a don Fernando de Deus, chantre de Lugo, et Aras Peres de Parrega, coengo dessa iglesia, os seus casares todos tres que som en Alveyros, et en Giae, en todos seus dias; os quaes casares o dayan, don Martin Eanes que foy, mandou a o dito cabidoo por aniversario, et para proçisoes segundo commo se conta no seu testamento; et am de dar de renda cada anno en estes primeiros çinquo annos des terças cada en salvo en Lugo de toda cousa; et estes çinquo annos pasados deven a dar cada anno doçe terças outrossy en salvo en Lugo de toda coussa, et non an d'allegar força nen rouba, nen grando, nen geada nen outra cousa nenuna, se non aquello que e scripto nas rendas das amiistraçoes da iglesia de Lugo. Et esta renda sobredita an de dar para façer as proçiçoes et os aniversarios sobreditos, que o dayam, don Martin Eanes, mandou faser segundo se contem no seu testamento. Et para esto comprir os ditos chantre et Aras Peres obligaron si et seus beens. Et demays o dito chantre he fiador por toda a renda. Et a a morte dos ditos chantre et Aras Peres, os ditos cassares am de ficar a a dita iglesia de Lugo con quantos boos paramentos, para se comprir por elles o que o dito dayam mandou. Et qualquer delles que ante morrer que a meatade desta renda fica a o cabidoo.

Et eu Garçia Affonso, notario publico de Lugo, a esto presente foy et esta carta scrivi et puge y meu sinal. (+).