GMH/ÍNDICE A-Z

800
1379, xullo, 18. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ao clérigo do coro García Rodríguez e a dúas voces unha casa na rúa de Batitalas tras a morte de Aldara Afonso, actual foreira, por renda de 15 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 23r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos dom Iohan Affonso, dayan de Lugo, et cabidoo da dita iglesia de Santa Maria de Lugo estando iuntados en cabidoo por campaa taniuda enno coro dessa iglesia, segundo que avemos de custume, façemos damos (sic) aforo et avervo a vos Garçia Rodrigues, clerigo do coro de Lugo, por en todos vosos dias et a duas pessoas depus vos, huna qual vos nomeardes en vida ou a tempo de vosso finamento, et a outra qual nomear aquella pesoa que vos nomeardes, as nosas casas que nos avemos enna rua de Batitalas que ora ten de nos en foro Aldara Afonso, alfayata da sobrepiliças et muller que fuy de Gonçalvo Eanes, notario do couto de Lugo, segundo as ella ussa et as usou Gonçalvo Eanes asy as aforamos a vos, o dito Garçia Rodrigues, et as ditas pesoas despoys do finamento da dita Aldara Afonso por tal condiçon que vos, o dito Garçia Rodrigues, et as ditas pesoas despois de vos entredes et usedes as ditas casas ou quen vos mandardes a morte da dita Aldara Afonso, et que as tenades feytas et cubertas en boo estado, et que façades enna dita casa que esta enna rua hun sobrado d’aquel dia que morrer a dita Aldara Afonso a dous annos primeyros, et dedes en cada hun anno a a dita iglesia por renda et foro delas en pas et en salvo quinse maravedis por dia de Natal a o procurador dos aniversarios, ou a quen nos mandarmos vos et as ditas pessoas, et a finamento da pesoa postrimeyra leyxedes as ditas casas feytas a os aniversarios da dita iglesia et con todo los boos paramentos que en ellas foren feytas.

Et eu, o dito Garçia Rodrigues, asy reçebo de vos o dito dayan et cabidoo o dito foro das ditas cassas para min et para as ditas pesoas, et obligo meus bees et dellas de darmos et pagarmos a vos o dito dayan et cabidoo, ou a procurador dos ditos aniversarios, os ditos quinse maravedis cada hun anno por en toda nosa via, et a finamento da postrimeyra pesoa de as leyxarmos feytas et en bon paramento a o dito cabidoo, segundo dito he.

Et nos o dito dayan et cabidoo asy vos outorgamos o dito foro. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Arias Peres, juys de Lugo, que feçesse desto duas cartas en hun tenor huna para nos, o dito dayan et cabidoo, et outra para vos, o dito Garçia Rodrigues, et pessoas.

Que foron feytas en Lugo, des et oyto dias de iullio, era de mill et quatroçentos et des et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: o dito don Johan Afonso, dayan; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Ruy Gonçalves, mestrescolla; don Diego Gomes, thesoreyro; Tomas Gonçalves, et Fernan Peres, et Arias Ferrnandes, et Affonso Ferrnandes, coengos; Alvaro Ferrnandes, Johan Garçia, Jacome Ferrnandes, raçoeyros, ts., et outros.

Et eu Arias Peres, juys et notario publico de Lugo dado por lo sennor obispo desse lugar, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.