GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

320
1334, xuño, 4
O deán e o Cabido de Lugo outórganlle a Fernando Arias unha leira en Pazos e reciben a cambio dúas leiras de herdade na freguesía de San Pedro de Soñar.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/25, carta part. por a.b.c., perg. orix., galego, gótica cursiva, 270x159 mm.

A..B..C.....E. Sabeam quantos esta carta virem commo nos dayam et cabidoo da iglesia de Lugo da huna parte, et eu Fernan Aras de Moesteiro, comendador da barra da outra, fasemos entre nos tal escanbea valedeyra por senpre. Conven a saber que nos dayam et cabidoo con outorgamento de Iohan Aras, fillo de Aras Pelaes de Peyteeyros, que esta presente et outorgante, damos et outorgamos a vos Fernan Aras para senpre por iur de herdade, huna leyra de herdade que a nos perteesçe por parte de Pedro Suares, a qual ias ena agra de Paaços entre la leyra de Festos da huna parte, et a leyra de Pedro Martines de Perrela, que comprou Maria da Penna, da outra, et fer de huna testa na cortina da Avelayra, et da outra testa na leyra que chaman dos de Perrela que ias contra a Lamela. Et eu Fernan Aras, comendador, dou et outorgo a vos, dayam et cabidoo sobredito, para senpre por iur de herdade duas leyras de herdade, das quaes a huna ias na agra de Peyteeyros a Avelayra entre duas leyras de fillos de Pedro Ferrnandes de Sonar, et fere de huna das testas en huna leyra do bispo que ias contra o souto d’Onega, et da outra testa no caminno que ven para Lugo; et a outra leyra d’estas ias na agra chamada de Valinas entre las leyras de Maria Peres de Paaços da huna parte, et a de Maria Domingues de Perrela da outra, et fer de huna das testas en huna leyra do bispo que ias parado de Fonteela, et da outra testa na leyra de Elvira Pellaes que vay para a iglesia. As quaes ditas leyras son sub signo de Sant Pedro de Sonar. Et cada huna de nos estas partes prometemos et obligamos a faser senpre de pas estas leyras sobreditas de que fasemos esta escanbea commo dita he por todos nossos bees. Et que esto seia çerto et non vena en dulta, rogamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que fasa desto faser duas cartas en hun tennor partidas por A.B.C. et ponna en cada huna d’ellas seu nome et seu signal en testemoyo de verdade. Feyto foy esto quatro dias de iulio, era de mill et CCC LXXª et dous annos. Testemoyas que a esto presentes foron: dom Fernan Aras, dayam; dom Pedro Ruys, arçidiago de Deçon; dom alvar Dias, arçidiago de Sarrea; dom Pedro Iacome, iuys; dom Aras Pelaes, thesoreyro; Iohan Ferrnandes, Andres Peres, coengos de Lugo; Affonso Anes, rasoeyro, Françisco Guillelmes, sanchristan; et Iohan Aras, fillo de Aras Pelaes de Peyteeyros que foy, ts.

Eu Fernan Peres, sobredito notario publico de Lugo, que a esto chamado et rogado presente foy con as ditas testemoyas, et a rogo das partes sobreditas esta carta en minna presença fige scrivir et puge y meu nome et meu signal. (+).