GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

387
1339, setembro, 5. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Rodrigo Afonso e á súa muller e a unha voz o casal de Don Grande, na freguesía de San Cosmede, por renda anual de cinco terzas de pan e outras condicións.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 23r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo juntados en cabidoo enno choro da dita iglesia commo avemos de uso et de custume de faser cabidoo, con outorgamento d’Aras Pellaes, thesoreyro, et d’Affonso Eanes, raçoeyro, procuradores dos aniversarios dessa iglesia, afforamos et avervamos a vos, Rodrigo Affonso de Castro de don Grade et a vossa muller Marina Fernandes, por en todos vosos dias d’anbos et dous et de huna pesoa semellavele de vos qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de vosso finamento, o noso casal et herdamento de don Grade, que foy de Nuno Martines, coengo que foy de Lugo, que he sub signo de San Cosmede, con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores et formaes, a monte et a fonte, per hu quer que vaan, a a tal raçon conven a saber que avedes a lavrar et parar ben as herdades et casas do dito casal et manteerlas en boo estado, et chantar y das arvores enna herdade do dito casal. Et avedes nos a dar cada anno, por foro et renda do dito casal et herdade, çinquo terças de pan as duas partes de tenporao et a terça de serodeo, do mellor pan que ouver enno dito casal posta a semente, et pagarnos este pan enno dito lugar cada anno en paz et en salvo de toda cousa que podesse acaesçer, por dia de San Migueel de setenbre, a nos ou a aquelles que teveren os aniversarios da dita iglesia de Lugo, medido pe-lla teega dereyta desse lugar de don Grade commo acustuman de pagar o pan deste casal. Et seerdes vasalos serventes et obedientes da dita iglesia de Lugo. Et han vos a dar semente logo este primeiro anno para sementar o dito casal. Et quando vagar da pesoa pustrimeira de vos todos tres avedes a leyxar o dito lugar sementado et leyxar y do voso gaado: hun boy et huna vaca boos para provo que seia nosso, et o dito casal livre et quito a nos para a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos et con o dito boy et vaca et con casas feytas. Et non avedes de vender nen supinorar nen façer nehun contrauto do dito casal, salvo a pesoa semelavelle de vos et con outorgamento do dayam et cabidoo. Et aquella pesoa que for nomeada en que fique o dito casal que o vena reçeber do dayam et cabidoo sobredito et ata que o non reçeber que non seia teudo de o entrar.

Et nos, Rodrigo Affonso et Marina Fernandes sobreditos, asy reçebemos de vos, o dayam et cabidoo, con outorgamento dos sobreditos thesoreyro et Affonso Eanes, por nos et por la pesoa que for nomeada o vervo et foro do dito casal, et obligamos nos et todos nosos beees para conprir esto que dito he et pagar cada anno a dita renda. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feytas en Lugo enno coro da dita iglesia çinquo dias de setenbre, era de mill et CCC LXX VIIe anos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Dias, archidiago de Sarrea; don Aras Pellaes, thesoreyro; don Pedro Jacome, juyz; Fernan Affonso, Affonso Gomes et Vaasco Diaz, Vaasco Rodrigues, coengos de Lugo; Affonso Eanes, Johan Fernandes, raçoeyros; Fernan Eanes et Affonso Ianeiro, Pedro Miguelles, Pedro Fernandes, Lopo Domingues, Thomas Gomes, clerigos do coro de Lugo; Iohan Cego, Roy Teymande, Martin Peres de Nodar, clerigo ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario sobredito dado por auctoridade do bispo dese miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presença fiz escrivir en este livro do cabidoo et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.