GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

855
1382, setembro, 9. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo afóranlle a Elvira Díaz e a dúas voces a herdade do Pazo de Fondo, na freguesía de Santa Comba, e reciben a cambio as propiedades da beneficiaria en Quintela de Corvelle, freguesía de San Vicente de Coeo, que, así mesmo, lle son outorgadas en foro por renda anual dunha terza de pan.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 35r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento do dayan et cabidoo da nosa iglesia de Lugo, da huna parte, et eu Elvira Dias, filla de Diego Alvares de Bobeda, da outra, fasemos entre nos tal enprasamento firme et valedeyro por lo tempo et condiçoes que aqui seran ditas, conven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos aforo et avervo a vos, a dita Elvira Dias, para en toda vosa vida et de duas persoas, huna qual vos nomeardes en vida ou a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela que de vos for nomeada, et que non posades nomear nen nomeedes enno dito foro por persoa fillo nen filla ainda que o ajades do sennor conde don Pedro, et se o nomeardes que non valla nen posa aver nen aja o dito enprasamento, o noso casal et herdades chamada do Paaço de Fondo, que he na fiiglesia de Santa Coomba, con o paço que y esta et con todas suas casas et herdades et arvores et todas suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes peru quer que vaan, con condiçon que vos, a dita Elvira Dias, et as ditas persoas façades lavrar et parar ben as herdades do dito casal en guisa que se non perçan con mingua de lavorio, et façades morar et manteer o dito paaço et casas do dito casal en boo estado, et que vos a dita Elvira Dias et as ditas persoas seiades vasalos serventes et obedientes nosos et da dita nosa iglesia et de nosos susçesores, et as persoas que enno dito enprasamento foren nomeadas que o venan reçeber de nos et de nosa iglesia ou de nosos susçesores, et ata que o asy feseren que non posan entrar nen reçeber o dito enprasamento, et non avendes de vender, nen sopinorar, nen dar, nen allear este dito enprasamento a cavaleyro, nen scudeyro, nen a dona, nen a outro algun sen noso mandado et liçençia ou de nosos susçesores, et se o feserdes que non vala.

Et eu, a dita Elvira Dias, que estou presente por min et por las ditas persoas asy reçebo o dito casal et herdades et casas et paaço con suas pertenenças et obligo meus beens et dellas et de cada huna delas que tenamos et guardemos et cumplamos o que sobredito he. Et por este ben et merçee que vos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo façedes a min, a dita Elvira Dias, et persoas sobreditas dou a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia para senpre en doaçon por jur d’erdade toda quanta herdade et vos et casas et arvores et formaes eu ajo en Quinteela de Corvelle et en seus terminos, sub signo de Sant Viçenço de Coe, con todas suas dereyturas et pertenenças peru quer que vaan, a montes et a fontes, a qual herdade comprey do dito Diego Alvares, meu padre, et logo por esta presente carta vos ponno enno jur et posison et propiedade da dita herdade et tiro ende a min et a mina vos, et se d’aqui adeante eu, a dita Elvia Dias, ou outro por min usar das ditas herdades et bees que vos asy dou, conosco et outorgo que as uso et posuyo por vos et por la dita vosa iglesia et en voso nome precario, et obligo meus beens para vos faser as ditas herdades et beens que vos dou de pas a todo tempo. Et nos, o dito sennor obispo, asy reçebemos as ditas herdades et casas et beens que nos dades para nos et para a dita nosa iglesia, et por faser ben et merçee a vos, a dita Elvira Dias, et persoas sobreditas con outorgamento dos ditos dayan et cabidoo damos-vos aforo et avervo para en toda vosa vida, na maneyra que dita he, as ditas herdades et casas et arvores et beens reyses de Quinteela con todas suas pertenenças et dereyturas, segundo que nos las dades, a a tal condiçon que vos, a dita Elvira Dias, et as persoas sobreditas lavredes et façades lavrar et parar ben as ditas herdades con as outras sobreditas et mantenades as casas en boo paramento, et nos dedes dela de renda et foro huna terça de pan cada anno en pas et en salvo no dito lugar de Quinteela, et a finamento da pustrimeyra das ditas persoas o dito casal et paaço et casas et herdades do Paaço de Fondo et de Quinteela an de ficar livres et quitas et desenbargadas, et o dito paaço et casas feytas et cubertas et reparadas a nos, o dito sennor obispo, et a nosos susçesores con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, a dita Elvira Dias, asy reçebi o dito vervo et enprasamento et ben et merçee que me fasedes, et obligo os meus beens para faser et comprir et guardar et atender todo o que sobredito he. Et nos, o dito sennor obispo, con outorgamento dos ditos dayan et cabidoo asi o outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor huna para nos o dito sennor obispo et para a dita nosa iglesia et outra para a dita Elvira Dias et para as ditas persoas.

Que foron feytas en Lugo, nove dias de setembre, era de mill et quatroçentos et viinte annos.

Testemoyas que foron presentes: don Johan Afonso, dayan; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Aras, arçidiago de Neyra; don Lopo Eanes, arçidiago de Sarria; don Pedro Aras, arçidiago de Triacastella; don Aras Peres, arçidiago de Deçon; don Diego Gomes, thesoreyro; Fernan Peres, Ruy Lopes, Aras Ferrnandes, Ruy Lopes, Lourenço Yanes, coengos; Jacome Ferrnandes, Johan Garçia, Afonso Eanes, Alvar Rodrigues, raçoeyros da dita iglesia, et outros; et Pedro Afonso de Sande; Aras Afonso d’Aboyn; Lopo Afonso do Campo; Aras Martines de Quinteela, scudeyro de don Alvar Dias, arçidiago d’Aveancos.

Et eu Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et a pedimento das ditas partes esta carta en minna presença fis scripvir et puge y meu signal en testemoyo de verdade.