GMH/ÍNDICE A-Z

860
1383, marzo, 5. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle a Afonso Pérez, capelán, unha casa situada nas cortiñas de San Román por renda anual de corenta soldos en Nadal.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 88v.

Era de mill et quatroçentos et viinte et hun annos, çinquo dias de março.

Commo nos lo cabiidoo da iglesia de Lugo estando juntados en cabidoo enno coro desa iglesia, segundo que avemos de custume, con outorgamento de don Gonçalvo [Yanes], chantres de Lugo, vigario gearal de don Johan Afonso, dayan desta iglesia, que he presente et outorgante damos afforo et avervo a vos Affonso Peres, capellam da capela de San Domingo chamada dos Reys que esta en esta iglesia de Lugo, a cassa que esta ennas cortinas de San Romao a par desa iglesia de San Romao, que de nos tinna Afonso Eanes de San Miguel que fuy, a qual casa he da nosa mesa, a qual vos aforamos por en toda vosa vida, a a tal condiçon que a tenades en boo paramento et a reparedes et refaçades de todo o adubeyro et guisamento que ela ouver mester, et que nos dedes de cada anno de foro della a aquell que for distribuydor da nosa mesa quareenta soldos, a quatro dineyros novees [cada soldo], por Natal; et a voso finamento que a dita casa fique a nos et a a dita nosa mesa feyta et livre et quita et desembargada et con aquelles boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Afonso Peres, que estou presente asy reçebo [o foro da] dita casa de vos, lo dito cabidoo, et prometo comprirlo et atenderlo en todo, segundo dito he, por obligaçon de meus bees, que eu para elo obligo.

Feyta a carta en Lugo, era et dias sobreditos. Testemoyas: o dito chantres; [Alvar] Dias, arçidiago d’Aveancos; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pero Aras, arçidiago de Neyra; don Ares Peres, arçidiago de Deçon; don [Pedro] Ares, arçidiago de Triacastela; Afonso Fernandes et Fernando Peres, Roy Lopes, coengos; et Afonso Eanes, raçoeyro de Lugo, ts.

Et eu Gonçalvo [Peres], notario sobredito de Lugo, a esto foy presente et aqui [...].