GMH/ÍNDICE A-Z

E2-10
1435, abril, 24
Álvaro de Garabatos, escudeiro e tenente da casa forte da Peroxa, demanda ao Concello a entrega dun reo por homicidio cometido na súa xurisdición; o Concello responde que está habilitado para perseguir malfeitores nun raio de dez leguas da cidade. (fols. 6v-7)

Testemuyo de Alvaro de Garabatos.

E despois desto, domingo, XXIIII dias do mes de abril, en Ourense, enno Parayso da iglesia de San Martiño, presentes y en conçello Garçia Dias d’Espinosa, Alvaro Afonso da Fonteyna, Estevo Fernandes, Loys Gonçalves rejedores, Afonso Anriques (procurador)* juis da dita çidade, Afonso Ares procurador do conçello da dita çidade, Meen Suares, Afonso Yanes da Lagea, Pero Gonçalves, Martin de Trella, Joan Fernandes, Gomes de Pallares, Ares de Doade et Afonso Codeiro, Afonso Vasques, Rodrigo Lopes do Rigueiro, parte dos vesiños da dita çidade, outrosy estando y presente Pero Rodrigues alcallde del rey, paresçeu y presente Alvaro (G)* de Garabatos, escudeiro e teendor da casa forte da Peroga, et diso que requería e frontava et pedía aos ditos señores do dito conçello que por rason que elles tiñan preso (- - -) en sua cadea por rason de huna moller que matara enna sua jurdiçon do dito senorío da Peroja, et por quanto el asy como meyriño da dita terra (as)* avya de faser del justiça segundo que diso que estava por contrauto ontre o dito endeantado e o dito conçello por en(d)* que les requería que llo entregasen para el faser del justiça, senon que protestava de se querellar a noso señor el rey e suas justiças, et de o dito endeantado non perder por elo sua jurdiçon, et de non conprir o dito contrauto quando se aconteçese aos vesiños da dita çidade o se-(fol. 6v)
mellante, e que o pedía asy signado etç. Et logo os ditos señores do dito conçello diseron que elles que tiñan privilego del rey noso señor para prender os ditos malfeytores e faser delles justiça e de yr pus elles ata des legoas da dita çidade, quanto mays que o dito prinageiro que aqui fora entrego aos ditos juises e aqui fora dado querela del et que le requería que mostrase o dito contrauto que desía et que eran prestes delo aguardar, et que lle desen traslado do dito testemuyo et darian mays conpridamente sua resposta. Tests. que foron presentes Afonso de Meende (notario)*, Afonso de Betanços notarios et Ares Fernandes e Rodrigo Fernandes alfayates e Rodrigo escripvano.