GMH/ÍNDICE A-Z

133

1419, decembro, 1.
 O Concello manda ós procuradores que o foran Pedro Leiteiro e Alvaro Gil, ausentes, que entreguen os peñores tomados ás panadeiras por non teren pagado as penas nas que incorreran.
O Concello ordena ó procurador Juan Domínguez, que se reparase a muralla entre a porta do Camiño e o poxigo da Algara, parte da cal muralla estaba derrubada e que se mandase reparar e corrixir outro treito da dita muralla que estaba derrubada en Baldomar.

Esta feira o primeiro dia do mes de desenbre, este dito dia seendo o conçello, alcaldes e regidores jurados e homes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario, da dita çidade por crida de anafil segundo que han de uso e de custume, presentes ende Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles da dita çidade e Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Alvaro Afonso Juliate, Martin Galos, Johan Aras da Cana, Afonso Fernandes Abril, regidores jurados enna dita çidade en presença de min o dito Rui Martines, notario e das testemoyas adeante escriptas, logo enton, o dito conçello, alcalles e regidores susoditos diseron que mandavan e mandaron a Pero Leyteiro e Alvaro Gil, procuradores que foron do dito conçello, os quaes eran abasentes que as prendas que tĩinan en seu poder que foran tomadas a algũas paandeiras da dita çidade por las penas en que avian encorrido por non fazeren o pam por lo pesso e hordenança que o dito conçello avia feyto e hordenado sobre elo que as desen e entregasen a aquel personas que asi foran peñoradas por la dita razon con tal condiçon que as ditas personas que asi foran peñoradas e cujas eran as ditas prendas de seu cabçon aos sobreditos Pero Leiteiro e Alvaro Gil antes que eles lles desen e entregasen as ditas prendas que se por //
(Fol. 69 vº)
la ventura noso señor o arçobispo de Santiago, don Lopo lles mandar que pagen as ditas penas en que asy ouveren caydo por la dita rason que eles den e pagen as ditas penas a quen sua merçet mandar ou tornen aos sobreditos as ditas prendas que eles asi lles entregaren. E desto en como pasou, Fernan de Paz, veziño da dita çidade en nome das personas a quen tanje este dito negoçio pedeu a min o dito notario que lle dese este mandado signado de meu signo en maneira que fezese fe para sua garda. Esto fui enna dita çidade enno sobredito lugar, anno, dia e mes sobreditos Testemoyas que a esto foron presentes, Johan Dominges de Linares e Garçia Rodriges procuradores do dito conçello e Alvaro da Cana e Garçia Peres de Buño e Johan Bugeyrete do Preguntoiro e Juan Aras Chantreito veciños da dita çidade. Feito e dado ao dito Fernan de Paz.
Predito. Iten, en este dito dia o dito conçello, alcalles e regidores susoditos, mandaron a Juan Dominges, procurador do dito conçello que presente estava que se reparar a sobida do muro do conçello da dita çidade que esta entre a Porta do Camino e o Postigo da Algara por quanto estava algũa parte dela derribada e eso mẽesmo que fesese reparar e correjar outro pedaço do dito muro que jazia caydo e derrocado a par de Valdomar et que mandavan e mandaron que o que el gastase e despendese enna dita reparçon que lle fose reçebido em conta segundo que o el disese en sua conçiençia. Testemoyas, os sobreditos.