GMH/ÍNDICE A-Z

176

1456, maio, 31. Vilamaior-Mondoñedo.
García Osorio, cóengo de Astorga, particípalles ós veciños de Foz, A Devesa, San Pedro de Viveiro e San Bartolo de Monte que os préstamos das mencionadas parroquias que el gozara cedéraos ó Cabido da Catedral de Mondoñedo, ó que, no sucesivo, debían entregar os seus froitos.
A, papel, con signo notarial, de 206 x 279 mm. Letra cortesá.
Moradores et prouadores ennas freyguesias de Santiago de Fos et de Santaalla da Deuesa et de San Pedro de / Viueiro et de San Bartolomeu do Monte desta diocesis de Mondonnedo et a cada vn et a qualquer de vos eu Garçia Osorio / canoigo d-Astorga vos fago a saber que os sennores dean et personas et benefiçiados et cabildo da iglesia catedral de Mondonnedo / han de leuar et aver para si et para sua mesa capitular para senpre a meatade sen cura da dita iglesia de Santiago de Fos / et o benefiçio vn oytauo et medio da dita iglesia de Santaalla da Deuesa et o benefiçio sin cura vn oytauo et medio da dita / iglesia de San Pedro de Viueiro et o benefiçio sin cura de San Bartolomeu do Monte os quaes eu soya leuar et posuyr et / outros por min os quaes quise que fosen aneyxados perpetuamente aa dita sua mesa capitular por çertas cousas et con/cordia que entreles et min pasaron et han de faser deles et de cada vn deles commo de sua cousa propia anexa aa / dita sua mesa capitular et dos frutos et rentas deles et arrendarlos a quen et a quaesquer personas lles aplouver des/de dia de san Juan Bautista premeiro que agora verra en este mes de juyo da dita data desta carta. Por ende uos mando a todos et / a cada huuns de vos que des aqui adeante sin meu enbargo nin arrendamento algun nin carta que aja dado ou feyto a outra perso/na ou personas alguas ecclesiasticas ou seglares que recudades et consintades et fagades recodir ben et conplidamente / aos ditos sennores dean et cabildo et benefiçiados del ou a aquel et aqueles que os por eles ouveren de aver et recadar ou a quen / los eles arrendaren et non a outro nin outros alguus des lo dito dia de san Juan Bautista endeante con todos los desemos fructos rentas / et dereitos et ecclesiasticas dereituras aas ditas partes sin cura dos ditos benefiçios et a cada vn deles en qualquer maneira et por / qualquer rason perteesçentes. Aos quaes ditos sennor dean et cabildo et seu procurador et a aquel et aqueles que os por eles / ouveren de leuar et recudir et arrendar todos ou qualquer deles dou et outorgo todo meu plenario poderio que os posan / leuar et aver para si et demandar et cobrar en juiso et fora del as rentas et cousas a eles et a cada vn deles perteesçentes/. Do qual outorguey esta carta por ante Pedro de Horosco canonigo et notario apostolico et la firmey de meu nomme. Feita enna çiudade de Vilamayor / a xxxi dias do mes de mayo anno Domini millesimo ccccº quinquagesimo sexto. Testigos que foron presentes Afonso Marques et Vasco da / Plata vesinos de Ribadeu. Garçia Osorio (Rúbrica). Petrus de Horozco canonicus notarius apostolicus (Rúbrica).
Et eu o dito Pedro de Horozco canoigo de Mondonnedo notario publico por la auttoridat apostolica a todo esto / que dito he con os ditos testigos presente foy et esta carta que firmou por ante min o dito Garçia Osorio escripui / et en ela puje meu signo acostumado que tal he en testimonio de verdade rogado et requerido. (Signo).

(Reverso):
Recodimento de Osorio para o cabildo dos iiiiº benefiçios que deu ao cabildo.
Dia esta feyra dous dias do mes de julyo anno de mill et quatroçentos et çinquenta et seys annos por vertude / deste contrauto tomou Roy Gonçales canonigo de Mondonnedo a posison de hun oytauo et medio da iglesia / de Sant Pedro de Viueiro por la iglesia et personas et benefiçiados da iglesia de Mondonnedo por canpaa et ornamentos / da dita iglesia. Testemoyas que foron presentes Pedro Yanes clerigo da dita iglesia et Afonso das Caluellas / et Lopo Roçin et Afonso do Rio moradores en Balcarria. Et eu Gommes clerigo et notario apostollico / que firmey aqui meu nome. Gommes Fernandes notario apostollico. (Rúbrica).

Enna vila de Biueiro quatro dias do mes de jullio anno de mill et quatroçentos et çincoenta et seys annos en presença de min Pedro Rodrigues de / Viueiro escriuano de noso sennor el rey seu notario publico enna sua corte et en todos los seus regnos et das testemoyas adeante escritas / en este dito dia estando presente Juan Martines de Penasagudas frigesia de san Bartolomeu do Monte logo paresçeu ende presente / Roy Gonçales canonigo de Mondonnedo por sy et en nome dos benefiçiados da iglesia de Mondonnedo desta otra parte coteudos / diso que tomaua et tomou a posison da terça parte do dito benefiçio de San Bartolomeu don Monte desta outra parte conteudo segundo / que lo auia desenbargado et desenbargara ao dito cabildo et personas de Mondonnedo o dito Garçia Osorio desta otra parte / conteudo et requireu ao dito Juan Martines que o notificase aos outros freygeses et o dito Juan Martines diso que lle plasia. Testemoyas Gonçaluo Leal de / Magaços et Fernando Peres da Cabandela et Afonso Lopes de Lugo et Fernando Peres de Mosende et outros. Petrus Roderici (Rúbrica).