GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

194
1331, xaneiro, 7
arrendamento

O cabido arréndalles vitaliciamente a Xoán Domínguez e á súa muller, Mariña Iáñez, catro viñas e un lagar en Seixalbo por 25 mrs.

ACOu, Escrituras VI, 34

Sabeam quantos esta carta viren que nos Vaasco Perez e deam d’Ourense e ho cabidoo desse lugar arrendamos a vos Johan Dominguez morador em Seyxalvo e a vossa moller Mariña Anes em vossa vida danbos e non mays quatro leiras de viñas e huna casa com seu lagar que em ela se, que nos o dito cabidoo avemos em termio de Seyxalvo, as quaes forom de Françisco Vaasquez, as quaes tevo arrendadas do dito cabidoo Martin Fernandez do Canpo coengo que foy d’Ourense. Arrendamosvos as ditas possiss(oens) por tal condiçon que as lavredes e paredes bem em maneira que nom defalescam por min(goa de) lavor e de boon paramento. Et dedes ende cada anno no dito tenpo ao dito cab(idoo en) salvo non enbargante grando nen geada nen outra tenpestade viinte e çin(co mrs. de) brancos da moeda del rey dom Fernando de que contan xlª pares de diñeiros por (...), os quaes avedes a pagar em esta maneira, a meatade delles por Sam Martiño e (a outra) meatade por Santa Maria dagosto. Et para pagar a dita renda cada anno commo dito he a vos o dito cabidoo e lavrar e parar ben as ditas possissoens obligo eu o dito Johan Dominguez a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et dou aynda a vos commigo fiador Johan Fernandez pixoteiro morador en Ourense na rua da Praça este presente e outorgante e obligante a esto todos seus beens. Et nos o dito cabidoo obligamos nossos beens para vos anparar e defender a dereito no dito tenpo con as ditas possissoens. Et aa morte de vos e da dita vossa moller que as ditas possissoens fiquen ao dito cabidoo livres e quites e desenbargadas sen outra carrega. Et se recreçer contenda sobrestas possissoens entre vos ou a dita vossa moller e o dito cabidoo que se termine por dous omes boons do dito cabidoo tomados sem suspeita a prazer das partes sen outra apellaçon. Et desto as ditas partes pedirom a min Afonso Viviaez chançeler senllas cartas partidas por a.b.c. Feita a carta em Ourense, vii dias de janeiro, era de mill e trezentos e seseenta e nove annos. Testemonyas que a esto presentes foron Johan Fernandez da Triidade, Martin Fernandez, Johan Giraldez, Roy Perez coengos, Gonçalvo Rella moordomo do dito cabidoo.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e este meu sinal y puge en testemonyo de verdade.

(sinal)