GMH/ÍNDICE A-Z

D123
1459, abril, 25
Sentenza pola que Vasco de Pumar, como herdeiro da súa muller, Leonor, deberá pagar a Eufemia Fernández Fraire setenta mrs. que lle debe pola compra dunha pelica de coiro. (fol. 38v)

Oufemea Fernandes. Feita e dada.

(E despoys desto, enna dita çidade d’Ourense, viinte et çinco dias de abril, Pero de Miranda et Gomes de Mugares alcalldes da çidade d’Ourense, sendo enna Praça do Canpo, audiençia da terça, mandaron por sua sentença defenetiva a Vasco do Pumar como erdeiro que quedou de sua moller Lyonor, que doje a IX dias primeiros sigentes dese et pagase a Oufemea Fernandes Fraire que presente estava seteenta mrs. vellos branca en tres dños. con as costas dereytas que jurou et confesou que a dita sua esposa devia aa dita Oufemea Fernandes de huna pelyca de coiro que lle mercara, et en rason dos outros viinte mrs. que o dito Vasco do Pumar desía que a dita sua moller que non lle mandara pagar mays que os ditos LXX.- et desia que non, que reçebya a prova a dita Oufemea Fernandes para que dentro enno dito termino provase como lle eran devidos os ditos mrs. et que a salvo quedase ao dito Vasco de demandar seu dereyto a dita mayor se lle era obrigada. Tests. Garçia Paas, Gomes Gonçalves, Gomes de Ribadiso, Ares de Monterroso, Afonso Barella )*.