GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D204
1459, maio, 21
Gonzalo, labrador, presenta testemuñas na demanda contra Lopo de Santiago, carniceiro, por unha dobra de mala calidade que lle entregara con encargo de devolverlla a Fernando de Vila (Queste), quen lle pagara con ela a compra de viño, e no seu lagar recibira xa 80 mrs. pero aínda se lle deben outros 20. (fols. 61v-62)
En este dito día que eran viinte e un dias do dito mes do dito anno, ante os ditos alcalldes abdiençia da terça, paresçeu o dito Gonçalvo labrador e presentou por test. a Joan d’Agillar vesiño da dita çibdade e a Lopo Gomes morador en Çeboliño, fillo de Gomes Yanes de Çeboliño, dos quaes os ditos alcalldes sacaron juramento en forma devida, por lo qual prometeron de diser verdade, e feito o dito juramento o dito Lopo diso e declarou seu juramento esto que se sigue:
(Diso)* Preguntado que he o que sabe en rason da dita dobra que o dito Gonçalvo labrador deu ao dito Lopo de Santiago para que a dese a Fernand de Vila Queste, por quanto lla dera (e)* en pago de seu viño e non era booa, que lla dese e lle dese outra mellor ou ou(tros) diñeiros dela e non lle dando a paga dela que lle trouxese sua dobra. E despoys que o dito Gonçalvo labrador requerise ao (fol. 61v)
dito Lopo de Santiago que por quanto resçebera del oyteenta mrs. en pago da dyta dobra e ficase delle dar mays viinte e llos non quisese dar e lle requerise por elo disendo que a dita dobra non era booa nen valia o dito preço e el lle disese que lla tornase e el disese que era pasada.
Diso e declarou o dito Lopo Gomes (que el fora)* por lo dito juramento que feito avía que el fora con o dito Gonçalvo labrador a seu rogo a casa do dito Lopo carniçeiro tomar çertos dineiros, os quaes diso que eran daquela dobra, e por todos os ditos mrs. que lle estonçe deu diso que pagara ao dito Gonçalvo labrador oyteenta mrs. con outros que avía ja resçebidos de ante que faseran a dita conta dos ditos oyteenta mrs. e o dito Lopo carniçeiro que disera que lle quedava devendo aynda da dita dobra viinte, e que asy quedaran por conta e que llos pagaría en carne ou en dineiros, e que o /dito\ Lopo que disera que aynda non oubera a paga do outro, a que lla mandaran dar, pero que mays dineiros lle devia ala naquela terra e que os recadaría todos e que do dito negoçio non sabía mays.
Iten Iohan d’Agilar segundo testigo, diso porlo juramento que feito avia (- - -) (fol. 62)