GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

452
1390, febreiro, 9 (Traslado do 4 de xullo de 1460 sobre outro traslado do 27 de xullo de 1452)
foro

Martín González, notario, afóralle a perpetuidade a Sancha Iáñez a metade dunhas casas coa súa adega na rúa Escura, por oito libras, con cargo da fumaxe acostumada.

ACOu, Escrituras V, 44

Este he o traslado de huun traslado de huna carta de aforamento escripta en pergameo de coyro e signada do signo de Alvaro Afonso notario que foy da çidade d’Ourense, da qual o tenor dela he este que se sige: Sabean quantos esta carta viren que eu Martin Gonçalves notario d’Ourense, morador enna rua de Çima, presente miña moller Costança Rodrigues e outorgante, dou a foro a vos Sancha Yanes moller de Afonso Martines alfayate que foy e a todas vossas vozes para senpre a meatade de hunas casas que eu ey e me perteensçen en Ourense enna rua Escura que demarcan da huna parte con casas da suyçon e capela que ordenou don Garçia Martines coengo que fuy d’Ourense en que agora mora Domingo Afonso çapateiro de huun cabo e do outro cabo en cassas que foron de Lourenço Rosete en que ora mora Johan Vidal e Dominga Moreiras sua moller e ten as portas enna rua publica da dita rua Escura, a qual dita miña meatade eu erdey por donaçion que me dela fese Orraca Vaasques moller de Gonçalvo Yanes Pereiras que foron. Aforo vos a dita meatade das ditas casas con sua adega e con seu sobrado con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças su tal condiçon que as adubedes e reparedes de todas las cousas que mester ouveren e as mantenades en seu revor por vosa custa en tal maneyra que non desfalescan por mingoa de boon paramento e paguedes fumageen acustumada se a y ouver, et deades ende a min e a meus herdeiros de cadauun anno en salvo por dia de Natal oyto libras de diñeiros miudos contando vynte soldos de blancos por libra ou a estimaçon deles enna moeda que correr e livre e quite de todo outro enbargo e encargo alguun, et se quiserdes vender, deitar ou supiñorar a dita meatade das ditas casas que primeiramente frontedes con elas a min ou a miña voz e nos lo deades por lo justo preçio que outro por elo der ante que a outro algun, et non no querendo por esse preçio reçeber que enton o vendades, deytedes ou supinoredes a atal personna que seja semellavel de vos que de e page de cadauun anno a min e amiña voz as ditas oyto libas e cunpra e agarde as condiçoens desta carta. Et obligo todos meus beens ganados e por gaançar para vos anparar e defender a dereito con a dita meatade das ditas casas que vos assi dou a foro commo dito he. Et eu a dita Sancha Yanes que soon presente asy o outorgo e reçebo en min a dita meatade das ditas casas aforadas porla maneira e condiçoens sobre ditas et para as reparar e manteer en seu revor e para vos dar e pagar en cadauun anno en salvo as ditas oyto libras ao dito dia de Natal e fazer e conprir e agardar as condiçoens desta carta et cada huna delas obligo a vos todos meus beens ganados e por gaañar. Et he posto penna e interese ontre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto passar e o non conprir e agardar que peyte aa parte que o conplir e agardar quiser por nomme de penna e de ynterese çent mrs. da sobre dita moeda, et a dita penna e interese pagada ou non pagada que este contrapbto e as cousas en el contiudas fiquen firmes e valedeyras. Feyta a carta en Ourense, nove dias do mes de febreiro, anno do naçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e trezentos e noveenta annos. Tests. que foron presentes Afonso Peres d’Ovedo procurador de Santa Maria d’Aguadoluppe e Gonçalvo Lopes e Nuno Gonçales escrivaans moradores en Ourense.

Et eu Afonso Yanes notario publico d’Ourense porlo obispo e por la igleia dese lugar que a esto que sobre dito presente foy e o escrivi e aqui meu nomme e signal fise en testemonyo de verdade que tal he.

Enna çibdade d’Ourense, vynte e sete dias do mes de jullio, anno do naçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e çinqoeenta e dous annos, enno Paraiso da igleia cathedral do señor San Martiño, estando y presente Afonso Enriques juiz da dita çidade et en presençia de min o notario e testigos de juso escriptos pareçeu antel mismo presente Iohan Fernandes alfayate visiño da dita çidade e presentou ante o dito juiz huna carta de aforamento escripta en purgameo de coiro signada de notario publico e por min dito notario feso leer, da qual o tenor he este sobre dito. A qual presentada e liuda diso que pedia ao dito juiz que por quanto se entendia de aproveytar do traslado da dita carta para garda de seu dereito, que mandase a min o dito notario que escrivise ou fesese escrivir a sobre dita carta original huun traslado ou dous ou mays aqueles que lle conprisen e fesesen mester para garda de seu dereito e que o traslado ou traslados que eu o dito notario escrivyse ou fesese escrivir da dita carta original que fosen signados de meu signo, que dese a eles e a cadauun deles miña liçençia e outoridade conprida e enterposese a eles seu decreto e mandase que valuesen onde quer que paresçesen ben commo a dita carta meesma original. Et logo o dito juiz tomou a dita carta original en suas maaos e catoua toda et diso que por quanto a non via rota, rasa nen cançelada nen en ninhuna parte suspeytosa que mandava a min dito notario que escrivise ou fesese escrivir da dita carta original huun traslado ou dous ou mays aqueles que fesesen mester a Johan Fernandes para garda de seu dereito et que o traslado ou traslados que eu o dito notario escrivise ou fesese escrivir da dita carta original que fosen signados de meu signo que dava a eles e a cada huun deles sua liçençia et outoridade conprida e que ynterpoyña a eles meu decreto e mandou que valuesen onde quer que paresçesen ben commo a dita carta misma original. Et desto segundo e enna maneira que pasou o dito Johan Fernandes pedio a min o dito notario que llo dese signado para garda de seu dereito. Tests. que foron presentes Afonso de San Lourenço e Joan Abea çapateiro e Joan d’Ourense e Lopo de Canposo visiños da dita çidade.

Et eu Alvaro Afonso escrivano de noso señor el rey e seu notario publico enna sua corte e en todos los seus reynos e notario publico da dita çidade d’Ourense por lo obispo e por la igleia dese lugar a esto que dito he en un con os ditos testigos presente foy e o fiz escrivir e aqui por mandado do dito juiz que me deu liçençia e outoridade para elo meu nomme e signal fiz en testemonyo de verdade que tal he. Alvaro Afonso notario.

Feito e sacado foy este dito traslado do dito traslado da dita carta original enna dita çidade de Ourense, quatro dias do mes de jullio do anno do naçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e seseenta annos. Tests. que foron presentes que viron e oyron leer e conçertar este dito traslado con o dito traslado da dita carta original Fernand Afonso alfayate e Rodrigo de Meyjonfrio e Lourenço da Praça visiños e moradores enna dita çibdade, et a qual eu Iohan Paas notario publico da dita çidade d’Ourense por lo obispo e por la igleia dese lugar a saquey do dito traslado \do dito traslado/ da dita carta original e a escrivi por miña \maao/ propia e a conçertey porante os ditos testigos ben e fielmente e a rogo e pedimento de Joan Avea, que diso que se entendia de aproveyar deste dito traslado, meu nomme e signal aqui fis en test. de verdade que tal he

(sinal)

Joan Paaz notario