GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

475
1394, abril, 11
foro

O cabido afóralle ao chantre Ares Fernández un pardiñeiro que foi casa, que chaman a Adega de Santiago, no Tendal da Figueira, por 2 mrs.

ACOu, Escrituras XVII, 27

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o cabidoo da igleia d’Ourense seendo juntado en nosso cabidoo enna caustra nova de Sam Martiño por canpaan taniuda segundo que avemos de huso e de custume de nos juntar a fazer nosso cabidoo e por consintimento de Joan Afonso de Castro coengo da dita igleia, vigario ennos contrautos do cabidoo por don Pero Gonçalves de Horosco dayam da dita igleia d’Ourense, damos e outorgamos a foro para por senpre a vos don Ares Fernandes chantre da dita igleia d’Ourense que sondes presente e a todas vosas voses e herdeiros para senpre hun paredeiro que fuy casa a que chaman a Adega de Santiago que esta enno Tendal da Figeira, que partre de hun cabo con as casas do dayan e do outro cabo parte con as outras nossas cassas en que vos hora morades e ten as outoeiras en hun paredeiro que he das ditas casas do dayan e tem as portas enno Tendal da Figueira. Damos vos a foro o dito paredeiro commo dito he, entradas e saidas e con todos seus dereitos e perteesças con tal pleito e condiçom que vos façades del casa ou orta ou outra qual quer cousa que vos quiserdes e por bem teverdes e dedes ende a nos en cada hun anno ou a nosso çerto mandado aos terços do anno segundo custume do cabidoo dous mor. de diñeiros branqos de dez diñeiros o mor. ou a istimaçon deles enna moeda que correr, et do al que ajades o dito paredeiro e cousas sobre ditas de desimo a deus livres e quites de todo outro enbargo e carrego algun. Et he posto que se vos o dito chantre e vossas voses et herdeiros quiserdes vender, deitar ou supiñorar esto que vos asi aforamos commo sobre dito he que primeiramente frontedes con elo a nos o dito cabidoo e nolo dedes por lo justo preço que vos outro por el der, e non non querendo nos outros por ese preço reçeber enton vendede, deitade ou supinorade a tal persona que seia semellavele de vos que cunpra e agarde todas las condiçons desta carta e cada huna delas. Outrosy he posto que se contenda requeçer en algun tenpo ontre nos o dito cabidoo e vos o dito Ares Fernandes chantre e vossas voses e herdeiros sobre esto que vos asy aforamos commo dito he que se termine a dita contenda por dous homes boons de nos o dito cabidoo tomados a praser das partes, toda outra apelaçon remota. Ainda he posto que por este paredeiro que vos asi aforamos segundo dito he vos nen nosas voses e herdeiros non posades fazer manda nen aniversario a outra igleia nen mosteiro nen santuario algun, salvo a nos o dito cabidoo. Et outrosy que non seiades engratos nen desconosçidos contra nos o dito cabidoo nen contra algun de nos. Et eu o dito Ares Fernandes chantre que soon presente por min e por las miñas voses e herdeiros asy reçebo de vos o dito cabidoo o dito paredeiro a foro porla maneira e condiçoons sobre ditas. Et obligo todos meus beens moveles e reises gaañados e por gaañar para pagar cada hun anno ao terços do anno segundo dito he os ditos dous mor. e conprir e agardar todas las cousas e condiçoens que enesta carta som contiudas e cada huna delas. Et nos o dito cabidoo obligamos os beens da nossa mesa para anparar a vos o dito Ares Fernandes e a todas vossa voses e herdeiros para senpre a dereito con esto que vos asy aforamos segundo sobre dito he, e he posto penna ontre nos as partes que a parte que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peite aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena çen mor. da sobre dita moeda e a dita penna e interese pagada ou non esta carta e todo o en ela contiudo fique firme e valla para senpre. Feita a carta enno dito cabidoo, onse dias do mes dabril, anno do naçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e quatro annos. Testemuyas que presentes foron don Fernan Peres abbade da Triindade, Gil Rodrigues mestrescola, Diego Fernandes, Bertolameu Peres, Martin Geestosa, Pero Fernandes, Gonçalvo Martines coengos d’Ourense e outros.

Et eu Estevo Peres raçoeiro enna igleia d’Ourense notario e chançeller da dita igleia et çidade d’Ourense que a esto que sobre dito he con as ditas testemuyas presente foy et occupado de outros negoçios esta carta de aforamento por outro fielmente fis scripvir et meu nomme et signal aqui puge em testimuyo de verdade rogado e requerido.

(sinal)

Stephanus Petri