GMH/ÍNDICE A-Z

146
1323, maio, 19
doazón

Lourenzo Iáñez de Celeiró, herdeiro do cóengo Macía Estévez, dóalle ao cabido 18 soldos de renda sobre uns eixidos no Vilar, así como herdades e viñas en Puga e na Lonia.

ACOu, Escrituras II, 28

Sabeam quantos esta carta viren que eu Lourenço Eanes de Çelleyroon çidadao d’Ourense, heree de Maçia Esteveez coengo que foy desse lugar, por min e por meus yrmaos, non costrengudo nen por engano enduzido mays de meu prazer e de mia propia voontade, consiirando o ben e ajuda e a merçee que eu e os outros donde eu veno reçebimos da igleia e do cabidoo d’Ourense e consiirando outrossi en commo eu soon tiudo de fazer ben pollas almas de Maçia Esteveez coengo que foy d’Ourense e de seu padre e da sua madre, dou e outorgo o mays firmemente que eu poso e que valler pode de dereito ao cabidoo d’Ourense dez e oyto soldos de leoneses que eu ey cada anno por quatro yxidos que estam no Villar a fondo a su a Barreyra commo omme vay da villa para Possio de mao destra contra a fonte. Os quaes yxidos eu ey de parte do dito Maçia Esteveez e dos quaes agora ten Marcos Peres clerigo por huna capella que ten e por hun lagar e por hua casa que ten este Marcos Peres y en esses yxidos e por outro yxido que Pero Reymondez coengo que foy d’Ourense que ora ten o chantres e donna Mayor de Moreyras e por outro yxido que ten a Triidade, dos quaes vos logo dou as cartas por que os aio. Et aynda vos dou todo quanto herdamento eu ey en Puga que a min ficou de parte do dito Maçia Esteveez a monte e a fonte con entradas e saydas e con todos seus dereytos e perteenças. Et aynda vos dou duas leyras de viña e tres piteiros que eu ey en termio de Papom, as quaes eu teno de jur e de mao que me ficaron de parte do dito Maçia Esteveez. Et todo o outro herdamento que eu y teno de jur e de mao donde quer que o eu y aia a monte e a fonte con entradas e saydas e con todos seus dereitos e perteenças. Iten vos dou o monte que eu ey en termio da Loona, o qual chaman o moyño do Carvallo o de çima assi commo agora está, e vos que senpre pagedes o foro que eu por elo soo tiudo de fazer a Santa Coonba que son çinqo libras de brancos contado qoreenta par de diñeiros por tres libras por que senpre eu Lourenço Eanes aia a agua da presa do dito moyño para o outro moyño que eu y teno assi commo agora vem por sa custa do cabidoo. Et estes herdamentos e possissoens vos dou polla alma de Maçia Esteveez de que o eu ouve e de seu padre e de sua madre e da mia e dos meus yrmaos e dos meus devedores e daquelles que o gaanaron. Et peçovos que vos façades a festa d’Eucaristia cada anno por sua alma delles conprida de todo do que y fezer mester. Et que os froytos destas possissoens aian aquelles que foren a ella presentes. Et que vaan commo e custume aa sayda da vespera na dita festa sobrela supultura do dito Maçia Esteveez e da mia desque morrer. Et todo jur, senorio, possissom, propiadade, voz e auçon que eu ennos ditos herdamentos e possissoens ey e de dereito devya a aver en qual quer maneira e por qual quer razon todo o tollo de min e de mia voz e por esta carta meto o dito cabidoo no jur e na possisson dos ditos herdamentos e possissoens que o aian en jur de herdade para senpre e livremente façan del toda sua voontade e que conpran esto que sobre dito he. Et nos o cabidoo assi o reçebemos e outorgamos de o conprir en todo segundo sobre dito he. Esto foy en Ourensse enna costra nova de Sam Martiño enno lugar hu se acustuma de se fazer o cabidoo, xix dias de mayo, era de mill e ccclxi anno. Tests. que presentes foron Johan Lourenço morador na rua dos Çapateiros, Pero Lourenço morador en Çima de Villa, Johan Fernandes dito Giça morador na rua d’Oobra e Miguell Eanes morador no Villar clerigos do coro da igleia d’Ourense.

Depoys desto, no primeiro dia de agosto na era sobredita, Lourenço Eanes dito de Çelleyroon entregou en presença de min Fernan Miguez notario jurado en Ourense pollo bispo e polla igleia desse lugar e das tests. adeante escritas, a Affonso Viviaz coengo d’Ourense para o cabidoo desse lugar estas leyras que se adeante seguen que iazen en termio de Papom: primeiramente huna leyra de viña que iaz ontre huna leyra de Pay Ares coengo e ontre outra leyra de Vivian Iohanes clerigo. Iten dous piteiros que entestan ontrela viña do arçidiago on Beraldo Affonso e a de Johan Eanes dito Jento mercador. Iten outro piteiro que iaz ontrella vina do arçidiago don Beraldo Affonso e o piteiro de Johan Bravo de Seyxalvo e de seus fillos. Iten outra leyra que iaz ontre huna viña de Johan Giraldes coengo e outra viña de Pero Domingues fillo de Domingo Eanes do Freyxeeyro que foy e fer en fondo no rio da Barvana e en çima entesta enno monte de Papom. Entregoulle as ditas leyras por rama e por terra e meteo o dito Affonso Viviaz en nome do cabidoo d’Ourense no jur e na possissom e na propiadade delas e por esto disso que lle entregava os ditos dez e oyto soldos de leoneses que avya pellos ditos yxidos e a herdade de Puga e o dito moyno do Carvallo, assi commo sobre dito he. Et o dito Affonso Viviaz assi o reçebeo para o dito cabidoo. Feyta foy esta entrega en Papom ennas ditas leyras e piteiros no dia e era sobreditos. Tests. que a esto presentes foron Pay Ares coengo e Pero Eanes seu omme.

Et eu Fernan Migues notario sobredito que a todo esto presente foy e a pidimento do dito cabidoo a rogo do dito Lourenço Eanes escrivy ende duas cartas partidas por .a.b.c. e en esta que dey ao dito Lourenço Eanes meu signal puge en testemuyo de verdade.

(sinal)