GMH/ÍNDICE A-Z

452
1343, xullo, 10. Lugo

Cláusula do testamento de don Fernando Pérez, bispo de Lugo.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 43r, traslado ao Libro do Cabido polo notario Fernando García: 1343-VII-10; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 43.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Fernando Garçia, notario publico de Lugo, vi hun testamento do bispo, don Fernando Peres, que fuy, signado con signal de Fernando Rodrigues, notario que fuy de Lugo, segundo por el pareçia, enno qual testamento entre las outras coussas se continna huna clausula que diçia assy: «Item mandamos quanto herdamento iglesiario et leygario avemos ena fiigligia de Santa Coonba et en essa iglesia de Santa Coonba de nosso patrimonio, et quanto herdade iglesiaria et leygaria conpramos en Outeyro, sub signo de Santiago de Ferroe, a Fernan Aras, coengo, fillo de Aras Peres de Paramo, en esta guissa que o tena en sua vida et que de cada anno duçentos soldos a os coengos de Lugo para faser a festa et a proçisson dos X mill marteres, et outros duçentos soldos cada anno en dia de Santiago. Outrossi que façan a festa et a proçisson na iglesia esse dia de Santiago, segundo commo he acustumado desse faser. Et a sua morte estes herdamentos sobreditos fiquen livres et quitos a a iglesia de Lugo, et façan cada anno por elles estas duas festas dos X mill marteres et de Santiago». Da qual clausula Johan Fernandes, raçoeyro, procurador do cabidoo de Lugo, pidio a min, notario sobredito, que possesse o traslado en este livro do cabidoo por mandado et autoridade de don Pedro Iacome, juys de Lugo, et o dito iuys deu autoridade a min, notario sobredito, que a trasladasse sub meu signal en este livro.

Que fuy tirada do dito testamento X dias de julio, era de mill et treçentos et oyteenta et hun annos.

Testemoyas que viron o dito testamento et foron presentes quando o iuys deu esta autoriadade: don Affonso Eanes, thesoreyro; Lopo Domingues, clerigo do coro de Lugo; Pedro Domingues, scripvan do iuys; Fernando Eanes, correeyro; Pedro Domingues, sobrinno do thesoreyro.

Eu Fernando Garçia, notario sobredito, trasladey aqui a dita clausula do dito testamento, et por mandado et autoridade do dito iuyz, et puge en ela meu signal.