GMH/ÍNDICE A-Z

677
1366, setembro, 8. Lugo
Don Fernando Ruíz de Castro, conde de Trastámara, Lemos e Sarria dóalles ao bispo e á igrexa de Lugo o couto e freguesía de San Paio de Diomondi e de Belesar, en terra de Lemos.

MADRID, AHN, Carp. 1332 F/13, perg. orix., galego, gótica cursiva, 296x460 mm.

LUGO, AC, extr., Tumbo Nuevo, fols. 231v e 236v.

RISCO: ES, t. XLI, pp. 121-122, ap. 21.

Enno nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo eu, dom Fernan Ruys, sennor de Castro, conde de Trastamar et de Lemos et de Sarria et sennor de Cabreyra et de Ribeyra, et pertegueyro mayor de terra de Santiago, et alferes mayor del rey et seu endeantado mayor en terra de Leon et de Asturias et de Gallisia, con outorgamento de dona Ysabel, minna madre et sennora, por faser ben et merçee a dom frey Pedro Lopes de Aguyar da orden dos preegadores, obispo de Lugo, por moytos serviços et boas obras que me feso, et por moytos dapnos et destruymentos que reçebeu ennas herdades et cassares da sua iglesia de Lugo, por min et por minna vos, que lle y feseron eamigos do dito sennor rey et meus, por serviços et aiudas que nos senpre feso contra elles, doulle et outorgolle por couto para el et para seus subçessores et para a dita sua iglesia de Lugo en doaçon pura et firme, commo mellor pode et deve valer de dereito, o meu couto et fiigregia de Sant Payo de Diomonde con Belsar, que he en terra de Lemos enno bispado de Lugo, con todos seus terminos et con todos los herdamentos et cassas et vinnas et bees rayses que eu ey et me perteesçen de aver, et con todas las demandas et rendas et foros et dereitos et aventuras que eu ey et aaver devo enno dito couto et fiigregia de Sant Payo de Diomonde et de Belsar, et en todos seus terminos et fora del por ut quer que vaan, que a o dito couto perteesçen, et con toda a iustisia et sennorio et iuridisçion criminal et çivil et rayal que eu y ey et devo aaver de dereito et de feyto, assy que non retenno y para min ninhuna coussa. Et este couto et fiigregia sobredita lle dou que o aia por iur de herdade et por couto el et todos los outros bispos que foren despoys del enna dita iglesia de Lugo para senpre iamays, con montes et fontes, et pastos et agoas correntes et estantes, et moleyras et pesqueyras, et con entradas et seydas, et con todas las outras coussas, assy igleiarias commo leygarias, que me y perteesçen et perteesçer deven en qualquer maneira et por qualquer vos et rason et subçesson, et con poderio livre et comprido para por y mayordomos et iuyses et notarios et offiçiaes da iustisia et tirarlos quando conprir. Et mando et defendo firmemente que d’aqui adeante non seian oussados de entraren y mayordomo, nen mayordomos, nen iuys, nen merino meus nen d’outro algun, nen outra iustisia alguna que por min ou por meus subçessores foren enna mina villa de Monforte, nen enna mina terra et coutos de Lemos, para y hussaren de seus offiçios nen demandaren foros nen dereituras, nen pennas, nen calompnias, nen outras coussas algunas, nen de passar en nihun tempo a o dito bispo, nen a os outros bispos que foren despoys del enna dita iglesia de Lugo, contra esta merçee que lle faço nen della contrariar en ninhuna maneira, que qualquer que o feser aia a yra de Deus et a minna, et peytem en pena mill moravedis da boa moeda, et a o dito bispo et a os outros bispos seus subsçessores, que despoys del veeren enna dita iglesia de Lugo, todo o dapno que y reçebessen dobrado; et prometo por min et por meus herdeyros de non yr, nen passar, nen revocar esta merçee et donaçion que faço a o dito bispo et sua iglesia et seus subsçessores en ningun tempo por rason de ingratidume, nen por outra maneira alguna. Et todo o podoerio et sennorio que eu avia enno dito couto de Diomonde et de Belsar seia tirado et removudo de min et posto et traspassado enno dito bispo et sua iglesia para el et para seus subsçessores para senpre, segundo que o eu avia et pessuya. Et mando et doulle poder que d’aqui adeante possa entrar et reçeber o dito couto et fiigregia por sua auttoridade sen outra iustisia alguna, por sy ou por outro en seu lugar, quando quisser, et hussar del et faser del et en el todas las coussas que sua voontade foren commo de sua coussa propia. Et porque esto seia firme et estaville mandey ende seellar esta carta con meu seello de çera colgado en que escrivi meu nome, et por mayor firmidume roguey a minna madre que possesse y seu nome, et mandey a Fernan Peres de Ledesma, notario publico de nosso sennor el rey dom Pedro en todos seus regnos, et a Arias Peres, raçoeiro, et notario publico enna çibdade de Lugo, que possessen y seus nomes et seus signos.

Feyta enna çibdade de Lugo, oyto dias de setembre, era de mill et quatroçentos et quatro annos.

Testemoyas que foron presentes: Andreu Sanches de Gres, Sueyro Yanes de [Parede], cavalleyros; Ruy Lopes de Aguyar, Alvar Nunes de Mira, escudeyros, et outros.

Et yo Fernan Peres de Ledesma, notario publico de nuestro sennor el rey don Pedro en la su corte et en todos los sus regnos, por mandado del dicho conde don Fernando fis escrivir esta carta et fis aqui este mio signo a tal en testemoyo de verdat. (+).

Et eu Arias Peres, raçoeiro, et notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse lugar, a esto que sobredito he con o dito Fernan Peres de Ledesma, notario sobredito, presente fuy et por mandado do dito conde, don Fernando, esta carta escrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade. (+).