GMH/ÍNDICE A-Z

927
1416, febreiro, 28 sábado. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Martínez, a Vasco Pérez e a dúas voces herdades, casas... na freguesía de San Miguel de Bacurín, por renda anual de 18 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 116 v.- 117 r,; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. A f. 116.

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et seys anos, sabado, viinte et oyto dias do mes de febreyro.

En a çibdade de Lugo as persoas coengos et benefiçiados da iglesia de Lugo juntados en seu cabidoo por campaa tangida en o coro da dita iglesia, segundo am de uso et de custume, aforaron a Afonso Martines, fillo de Pedro Martines de Berulfe et de Mayor Afonso, sua \madre/, et a Vaasco Peres, fillo de Vaasco Peres de Berulfe et de sua muller, Aldara Ferrnandes, et a os ditos Vaasco Peres et Mayor Afonso en nome deles, que estavan presentes, et a outras duas persoas despoys do finamento deles quaes eles nomearen en vida ou a seu finamento, as herdades et casas et arvores et bees rayses que Afonso Eanes, correeyro, et Orraca Peres, sua muller que foron, mandaron a os ditos aniversarios, que son em Bacorin sub signo de San Miguell de Bacorin, con ha meetade de huna casa et mays toda ha outra herdade que o dito Vaasco Peres tragia en o dito lugar de San Miguell de Bacorin, que he dos ditos aniversarios, as quaes ditas herdades am de labrar et parar ben et teer feyta a dita casa, et dar de foro cada ano, a o rendeyro dos aniversarios, dez et oyto moravedis de moneda vella, et de longos en salvo en a çibdade de Lugo por dia de San Martino de novenbre, et a finamento da postrimeyra persoa que suçeder en o dito foro am de leyxar labradas as ditas herdades et a dita meetade da dita casa feyta et cuberta

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he.

Pedro Fernandes / (sic)  tem boo paramento. Os ditos Vaasco Peres et Mayor Afonso, et eles en nome dos ditos seus fillos et persoas que eles nomearen, asy reçeberon o dito foro, et obligaron seus bees et deles de o comprir et pagar et atender, et demays por este dito foro et ben et graçia que reçebian do dito cabidoo deron para os ditos seus fillos et outorgaron logo en o dito foro en enprasamento a a dita iglesia de Lugo, huna mea teega semente de herdade en a agra dos Canpos junto con a castineyra enxertada, et fere de testa en outra herdade dos ditos aniversarios, que he sub o dito signo de San Miguell, et os ditos seus fillos et persoa que a tenan con o dito foro en suas vidas, et a finamento da postrimeyra que a dita media teega de herdade fique a a dita iglesia de Lugo, et a os ditos aniversarios con todos los boos ditos herdamentos et con os paramientos que en elas foren feytos, et con estos outros bees sobreditos. Et o dito cabidoo asy vos outorgou o dito foro.

Testemoyas: Afonso Ares, arçidiago de Deçon; Lopo Dias, mestrescola; Rodrigo Afonso, juys; Rodrigo Ares, chantre de Santiago; Lopo Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, et Rodrigo Ares, coengos; et Afonso Rodrigues, et Afonso Ares, et Pedro Ferrnandes, raçoeyros, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et este publico instormento scripvi, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).