GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

403
1340, abril, 1. Lugo
O deán de Lugo anula a doazón de diversas propiedades en Meixente, Santa María de Belante e Paradela, que outorgara a favor de Aldara Fernández, muller de Lope Rodríguez, por mor do comportamento deste.
MADRID, AHN, Carp. 1332 E/11, perg. orix., galego, gótica cursiva, 173x209 mm.

Sabean quantos esta carta viren commo eu Fernando Arias de Paramo, dayan de Lugo, por quanto Lopo Rodrigues de Paradela, escudeyro, tomou a min et ten forçadamente tomado rendas et dereyturas de alguuns prestamos et iglesias que a min perteesçen en Paradela sen rason et contra dereito et contra minna voontade, et por que el colle et defende malfeytores que collen a min o que ey, et a os meus omes et meus parentes por força et en gran meu despreçamento en toda a terra en que el vive, por ende eu Fernando Ares, dayam sobredito, revogo toda aquela doaçon que eu fige a Aldara Ferrnandes, minna criada, moller do dito Lopo Rodrigues, de todos los herdamentos igleiarios et leygarios que lle eu fige. Conven a saber en Meyxente et con o casal da Vila Erma que eu posuyo po-la iglesia de Vilar Moesteyro cuio he, et que llo non podia dar de dereito sen perigoo de minna alma, et o couto et dereyto que eu aio en Puristallo peru quer que vaa sub signo de Santa Maria de Belante, et con os outros herdamentos que a min perteesçen de aver en Sabadelle et en Vilar Nasin et en toda a terra de Paradela, asi iglesiarios commo leygarios, con suas pertenenças et dereyturas peru quer que vaan, os quaes ditos herdamentos et cada hun delles eu reçebo et tomoos en min para senpre con o iur et possison delles en que eu senpre estiven et estou de reçeber as rendas et ho husso et froyto delles paçifficamente por min et por meu mandado. En testemoyo das quaes coussas rogo et peço a Fernan Peres, notario publico, que fesese ende publico estromento.

Feyto en Lugo o primeiro dia d’abril, era de mill et tresentos et seteenta et oyto annos.

Testemoyas que a esto presentes foron chamados et rogados: Ioha Affonso de Burgo Novo; Vaasco Ferrnandes de Paramo; Fernan Vaasquez, clerigo de Deade; et Iohan Amigo, capelan do choro de Lugo ts., et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito publico notario da çibdade de Lugo dado pella autoridade do bispo dese lugar, que a esto presente foy et a rogo de don Fernando Arias, dayam sobredito, fis escrivir et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. (+).