GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

264
1343, xullo, 27
doazón

Tareixa Pérez dita Cansada, con outorgamento do seu marido, dóalles aos clérigos do coro a terceira parte dunha casa na rúa da Corredoira.

ACOu, Clérigos do Coro, 3

Conoçuda cousa seia a quantos esta carta viren que eu Thereyia Perez dita Cansada, moradeyra en Ourense na rua da Corredoyra, con outorgamento de Gonçalo Gomez meu marido que presente está e outorgante, dou e doo en doaçon para senpre a vos Fernan Lopes e a Ruy Perez clerigos do coro da igleia d’Ourense e procuradores dos clerigos da universidade da igleia d’Ourense para universidade sobre dita, a qual doaçon pode seer mellor e mays firme e mays valer, que aian por jur derdade para senpre a terça de huna mina casa que eu teno na rua da Corredoyra, a qual esta juntada con as outras duas terças da dita casa que he dos ditos clerigos do dito coro, que a aiam por jur derdade para senpre e façan della toda sua livre voontade commo de sua cousa propia. Et tollo logo de min toda voz e auçon e jur e possisson e senorio e propiedade que eu avia na dita casa todo o tollo de min e ponoo todo nos ditos clerigos da dita universidade que a aian e teñan e pessuyan para senpre e metoos logo en corporal possisson della por esta presente carta. Et obligo min e todos meus bees gaanados e por gaanar a deffender e anparar os ditos con a dita terça da dita casa. Et quen quer que da mina parte ou da estraya contra esta carta quiser passar aia a maldiçon de deus padre e a mina e peyte autra parte quiñentos mor. de pena e a voz del rey outros tantos peyte, e esta carta fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, xxvii dias de jullo, era de mill e ccclxxxi anno. Testemuyas que a esto forom presentes chamadas e rogadas Johan Moogo capellan de Santa Ouffemea, Pero Eanes homme do dito Gonçalvo Gomez, Johan Lourenço demandador morador na rua da Corredoyra.

Et eu Pero Martinez notario jurado na çidade d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e esta carta scrivi e meu synal en ela puge en testemuyo de verdade que atal he.

(sinal)