GMH/ÍNDICE A-Z

D133
1459, abril, 29
Inés Fernández Garrida doa ao seu parente Afonso Rodríguez todas as tenzas que ten aforadas en Santa Baia de Pedrafita. (fols. 41v-42)

Feita e dada carta de Afonso Rodrigues et de Eynes Fernandes Garida.

Sabean quantos esta carta de doaçon viren como eu Eynes Fernandes Garrida, vesiña da çidade d’Ourense et moller que foy de Fernando Garido, çertificada et aperçebida de todo meu dereito etç. dou en pura doaçon a vos Afonso Rodrigues meu parente, morador en Pera Custoya et a todas vosas voses para senpre de disemo a deus, con(ben) a saber que vos dou en pura doaçon todaslas erdades (que eu et o dito meu marido)* e casas et arvores e soutos et cortynas que eu ey me perteesçen de dereito enna Santa Ollaya de Pera Fita et eu tyna aforadas de Elvira do Outeiro, das quaes vos faço doaçon para por senpre, (fol. 41v)
segundo que doaçon mellor e mays conpridamente pode seer dada ontre vivos, por moytas boas obras et graças et ajudas que de vos ajo reçebydas et por lo devo et parentesco que con vosco ajo, et logo todo jur et dereito etç. et por esta presente carta vos pono enna posison etç. et renunçio que nonca desto diga o contrario etç. et protesto et outorgo de nonca contra esta doaçon yr nen passar en nehuun tenpo nen por alguna maneira ainda que contra min sejades yngrato et desconosçido etç. et (p)* so pena de mill mrs. etç. (p)* carta de doaçon firme etç. Tests. que foron presentes Fernandes de Monterroso mercador et Afonso de Logilde vesiños d’Ourense et Gonçalvo Rodrigues morador en Pera Fyta et Gonçalvo Boton criado de Aldonça Afonso. Feita a viinte et nove dias de abril, anno domini Mº CCCC LIX annos.