GMH/ÍNDICE A-Z

1171
1466, abril, 26. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Diego Ares, á súa muller e a dúas voces as casas da praza de Ponferrada, por renda anual de 150 pares de brancas os primeiros beneficiarios, e 160 pares as voces.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 31 v.; Libros, lib. 6332 f. 256.

Saban quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados do cabildo da iglesia de Lugo sendo juntados en noso cabildo por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta dos orgoos, avendo noso acordo et deliberaçon et veendo et entendendo que he proveyto noso et de nosos susçesores damos et aforamos a vos Diego Ares o moço et a vosa muller, Tereyia Ares, vizinos et moradores que sodes en a vila de Ponferrada, et a outras duas personas depoys do postrimeyro de vos, huna qual o postrimeyro de vos nomear en sua vida ou a o tempo de seu finamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar seus beens ou a mayor parte deles de dereyto, et asi meesmo a postremeyra persona seia nomeada por la que o postrimeyro de vos nomear, ou herdeyra de seus beens, como dito he. Conbe a saber que vos aforamos, como dito he, as nosas casas que nos teemos et avemos et nos perteesçen en a praça da dita billa de Ponfferrada, as quaes estan juntas da huna parte con as casas que foron de Pedro Carpenteyro, et da outra parte estan juntas, agoa verte, con as casas et bodega que foy de Eldonça Gonçalves, as quae son sitas et locadas sub o signo de Santa Maria da dita villa de Ponfferrada, as quaes casas don Juan Rodrigues, arçediano que foy de Deçon en a dita iglesia, deu a nos et a o cabilldo da dita iglesia para senpre para hun aniversario que lle fasemos sobre sua sepultura cada ano en dereyto o altar de Santa Agata que el feso en a dita iglesia; as quaes ditas casas vos aforamos con todas suas entradas et saydas, jures et pertenenças et dereytos et agoas vertes de lo çeo a a terra segundo que enpre (sic) andaron, as quaes vos agora traedes et posoydes por nos por nos (sic) et por la dita iglesia, por foro do qual erades a postrimeyra persona vos, o dito Diego Ares, a tal pleyto et condiçon que vos os ditos Diego Ares et vosa muller et duas personas tenades senpre as ditas nosas casas feytas, cubertas et levantadas et reparadas en tal maneyra que a todo caso fortoyto, asi do çeo como da terra, por qualquer maneyra que vena as tenades levantadas et dereytas et reparadas, como dito he, do que lles feser mester, et a finamento da postremeyra persona que asi fiquen libres et quitas et desembargadas, levantadas et ben reparadas a nos et a nosos suçesores, et que vos et a dita vosa muller en vosas vidas dedes et paguedes de foro et çenso a nos et a nosos suçesores et a o colledor dos aniversarios, en cada hun ano, çento et çinquoenta pares de brancas vellas, branca en tres dineyros, et as outras duas personas depus vos que den et paguen en cada hun ano çento et sesenta pares das ditas brancas vellas, postos et pagos durante este dito foro en pas et en salvo en esta dita çiudade fasta dia de San Martino de nobenbro, su pena das custas et de perderdes o dito foro se por dous anos et [...] que non pagardes, et que cada huna persona, que depoys do postrimeyro de vos suçeder en o dito foro, seia tiuda et obligada do dia qu’en el suçeder fasta sesenta dias primeyros sigentes de se vinir mostrar et notificar, ou enbiar, a o dito cabilldo como he persona do dito foro, su pena de o perder por ese meesmo feyto.

Et eu, a dita Thereia Ares, que presente estou para o dito meu marido et para min et para as ditas nosas duas personas asi reçebo o dito foro de vos, os ditos senores do dito cabilldo, por la maneyra et condiçoes susoditas, et obligo a os nosos beens et das ditas duas personas, mobeles et rayses, avidos et por aver, de teermos et conprirmos et atendermos et pagarmos todo o susodito et cada cousa et parte delo.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et damos, et mandamos a o notario juso escripto que faga delo duas cartas de foro en hun tenor huna para vos, o dito Diego Ares, et vosa muller et personas seelada con noso seelo et outra para nos, signadas anbas [...] signo.

Que foy feyto et outorgado en o dito lugar de cabilldo, a viinte et seys dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et seys anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Gomes Vasques, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras, canonigos, capitullantes; et Roy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro da dita iglesia.

Et eu Pedro Meendez de Foriis, canonigo da dita iglesia, notario publico por las autoridades apostolical et ordenaria, a todo o susodito en hun con os ditos senores do dito cabildo presente foy et esta carta de foro aqui en este caderno por mina mao escripvi et en ela puje meu signo et nome acustumado que tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido.