GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D49
1459, marzo, 31
Inés Pérez, moradora en Seixalbo, vende ao seu xenro Xoán do Outeiro unha casa con adega sita nese lugar por 950 mrs., con cargo de 2 mrs. anuais á confraría de Seixalbo. (fols. 20v-21).

Pagados III.- de notada.

Sabean quantos esta carta de venda viren (como) eu Eynes Peres, moller que foy de Afonso Boon, moradeira enna aldea de Seixalvo, çertificada et aperçebida de todo meu dereito et non endusida por outra força, premea nen engano alguun /mays de meu praser et propia et livre vontade\ vendo firmemente por min et por toda miña vos et logo por esta presente carta entrego a vos Joan do Outeiro que sondes presente, meu jenro, et a vosa moller Tereija Booa miña filla que non he presente, moradores enna dita aldea de Seixalvo, et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos vendo huna casa de adega que esta enna dita aldea de Seixalvo et parte con adega de Joan d’Ajo et da outra parte con casa de Tereija Anes moller que foy de Gonçalvo Martines de Reboredo et detras fere en outra vosa casa, et ten as portas enna rua da dita aldea de Seixalvo. Vendo vos a dita casa de adega do çeo a terra con todas suas entrada et seydas et dereytos et jures et perteesças por hu quer que os aja et deva aver de dereito, et conosco et outorgo que reçeby de vos todo o preço que a vos et a min aprouvo de me de conpra dardes porla dita casa et adega, conben a saber noveçentos et çincoeenta mrs. de moeda vella branca en tres dños. /os quaes me logo pagastes en nove dobras douro en presença do notario et tests. de juso escriptos, de que me dou de por paga\ et se mays val de conpra a dita casa et adega que os ditos noveçentos et çincoeenta mrs. douvos o mays en pura doaçon legytima, verdadeira et valedeira para senpre /+\ por moytas boas obras et graças et ajudas que de vos ajo reçebydas e por lo devedo que con vosco ajo por que sondes miña filla, a qual vos (do)* vendo con tal condiçon que pagedes por ela de cada hun /anno\ dous mrs. /branca en tres dños.\ a confraria de Seixalvo por cada día de San Martiño et do al vendo vos
+ segundo que doaçon mellor e mays conpridamente pode seer dada ontre vivos e mays de dereito deve valler (fol. 20v)
a (dita) adega e casa de disemo a deus para por senpre et logo todo jur, dereito, senorio, posison, propiadade, vos et auçon que eu et todas miñas voses ajo et teño enna dita casa et adega, todo o tiro et parto de min et de todas miñas voses et a poño et dou et traspaso en vos os ditos Joan do Outeiro et Tereija Boa et en todas vosas voses (para senpre)* con carrego dos ditos dous mrs., et do al de disemo a deus para senpre, et por esta presente carta vos poño /e apodero\ enna teença et posison corporal /rayal/ da dita casa de adega sen mays alcallde nen juis para elo seer chamada, et obrigo todos meus beens movelles e reyses, avydos (avy)* et por aver para vos faser saan et de pas a dita casa et adega et para vos defender con ela a dereito, et renunçio que nonca desto diga o contrario et a todas las leys et dereitos, et qual quer da miña parte como da estrana que vos contra esta carta et venda quiseer yr ou pasar en parte ou en todo, aja a yra de deus conpridamente et a miña maldiçon et de mays que peyte a vos et vosos erdeyros por (senpre)* /nomme de pena\ o dobro da dita contya prinçipal et a dita pena pagada ou non esta carta et as cousas en ela contiundas fiquen firmes et vallan para senpre. Et eu o dito Joan do Outeiro que soon presente, por min et por la dita miña moller que non presente, asy o outorgo et reçebo en min et enna dita miña moller vendida a dita casa /e adega\ por los ditos DCCCC L.- et obrigo meus beens et da dita miña moller de pagar de cada hun anno os ditos /dous\ mrs. a dita confraria de Seixalvo su a dita pena. Feita a carta enna çidade d’Ourense, triinta e hun dias do mes de março, anno domini Mº CCCC LIX annos. Tests. que foron presentes Alvaro Peres raçoneiro enna iglesia d’Ourense et Gomes Ares capelan de Santa Maria a Madre et (Joan)* Gonçalvo de Reboredo, Gonçalvo da Carballeira de Santa Crus et Afonso de Canba de Seixalvo.
(fol. 21)