GMH/ÍNDICE A-Z

44
1302, maio, 19
demanda

Os irmáns Lourenzo e Xoán Iáñez, alegando que son herdeiros de Pedro Macía, clérigo do coro, reclaman unha casa na rúa dos Arcediagos da tomara posesión o cóengo Lourenzo Iáñez en nome do bispo e do cabido.



ACOu, Escrituras XX, 66

Sabeam quantos esta carta virem que en presença de min Domingo Martines publico notario d’Ourense e das tests. suescriptas Lourenço Eanes coengo dese lugar, estando na rua dos Arçidiagos ante as casas en que morou Pero Maçia clerigo do coro, disso que el por mandado de don Pero pola gra de deus bispo d’Ourense e do cabidoo desse lugar e en seu nome entregara ao dito Pero Maçia as casas sobre ditas e todoslos outros herdamentos que Maçia Estevez avia a tenpo de sa morte que os tevesse e pessuysse en nome delles. Et dizia que poys o dito Pero Maçia era passado que el reçebia as ditas casas para o bispo e cabidoo sobre ditos e que pelo reçebemento dellas reçebia todolos outros herdamentos que o dito Pero Maçia avia e pessuya de parte de Maçia Esteveez coengo que foy. Et entrou dentro nas ditas casas e çerrou as portas dellas. Et enton Lourenço Eanes dobreyro e seu yrmao Johan Eanes que eram presentes disseron que elles ficaran herees do dito Pero Maçia e estavan na possisson de todos seus beens e dizian que darian fiadores en dez mill mor. que conprissem de dereyto per u devessen a quen quer que lles demandasse os beens que o dito Pero Maçia avia de parte de Maçia Esteveez ou doutra parte qual quer. Et tomou logo pela mao Johan Moniz mercador que era presente dizendo que o davan por fiador. Et Lourenço Eanes disso que o bispo e o cabidoo estavan na possisson dos herdamentos que foran de Maçia Esteveez e que Pero Maçia os pessuya por elles e en seu nome e que assy tiinan elles a possisson e era sua. Et se os ditos Lourenço Eanes e Johan Eanes ou outre quen quer quisesse demandar os ditos herdamentos que el dava fiador que o dito bispo e o cabidoo fezessem dereyto sobrelles per u devessem, e tomou logo aa mao Garçia Eanes despensseyro do bispo disendo que o dava fiador. Et de commo esto passou os sobreditos Lourenço Eanes coengo, Lourenço Eanes e Johan Eanes pediron a min notario sobre dito que lles desse ende senllos estrumentos e eu dey ende este aos sobreditos Lourenço Eanes e Johan Eanes. Que foy feyto en Ourense, xviiii dias de mayo, era de mill e ccc e xl annos. Tests. Fernan Peres prelado da igleia de Çea, Garçia Eanes de Moreyras, Johan Moniz mercador, Johan Dominguez fillo de Domingo de Beyro, Fernan tendeyro, Gonçalvo Namorado, Pero Peres piliteyro.

Et eu Domingo Martines notario sobredito que presente foy a esto e o escrivi e meu sinal y puge en testimuyo de verdade.

(sinal)