GMH/ÍNDICE A-Z

900
1402, xaneiro, 22. Lugo
O bispo de Lugo afóralles a Xoán de Laredo e a dúas voces un casal e herdade en Gondar por renda anual de catro fanegas de centeo.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/18, perg. orix., galego, cortesá, 250 x 172 mm.
   

Sabean quantos esta carta viren commo nos don Lopo por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, por faser ben et merçee a vos Johan de Laredo, nosso criado, damos aforo et avervo para en toda vossa vida et de outras duas persoas ha pus vos ha huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquella que por vos for nomeada, conven a saber o nosso casal et herdades que nos teemos en Gondaar, que soya lavrar Afonsso Rodrigues, et o qual vos damos en foro segundo dito he con todas suas casas et herdades, agros et cortinas et con todas suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, per u quer que vaan, o qual de nos tina en foro Ruy Touron o qual foro de dereyto perdeu et nos lle reçebemos por quanto el foy en nos dar estas feridas de que nos ora jasemos ferido; o qual vos aforamos a tal pleito et condiçon que vos façades lavrar et parar ben as herdades do dito casal en guisa que se non perçan con mingoa de lavor et de sarradura, et de boo paramento, et que façades faser et reparar as casas do dito casal. Et dedes por foro et renda en cada hun ano, a nos et a nossa iglesia et a nosos suçessores, quatro fanegas de pan çenteo por medida dereyta en pas et en salvo en o dito lugar, et avedes de seer vasalo servente et obidiente noso et da dita nosa iglesia et de nosos suçesores, et que non possades vender, nen deytar, nen subpinorar, nen enallear este dito foro et vervo a cavaleyro, nen escudeyro, nen a outro home poderoso sen mandado et consintimento nosso ou de nossos suçessores, et a finamento da pustrimeyra persoa o dito casal et herdades del fiquen livres et quitas et desenbargadas a nos et a nossa iglesia et a nosos suçessores con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Johan de Laredo, que presente estou por min et por las ditas persoas asy reçebo o dito foro et vervo de vos, o dito senor Obispo, et obligo min et meus bees et das ditas persoas para conprir et pagar et atender o dito foro et vervo en a maneyra et con as condiçoes de susso nomeadas. Et nos, o dito senor Obispo, asi vos lo outorgamos et porque esto seia çerto mandamosvos delo dar esta nossa carta de foro seellada de noso seello pendente et signada con signo de Afonso Fernandes, nosso notario, por quanto non podiamos scripvir nosso nome.

Que foy feyta en a nossa çiudade de Lugo dentro en os nossos paaços travessos da dita çiudade, viinte et dous dias do mes de janeyro, ano do nasçemento de nosso Salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dous anos.

Testemoyas que foron presentes: don Rodrigo Afonso, juys da iglesia de Lugo; Gonçalvo Meendes, alcallde da dita çiudade; et Thomas Fernandes, noso sobrino; et Pedro de Aguiar, et Johan Afonso, criados de don Johan Martines, dean da nossa iglesia de Lugo, et outros.

Et eu Affonso Ferrnandes, notario publico da çiudade de Lugo por autoridade do dito senor Obispo, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et por mandado do dito senor Obispo esta carta de foro fis scripvir para o dito Johan de Laredo, et puge aqui meu signo en testemoyo de verdade. (signo)