GMH/ÍNDICE A-Z

392

setembro, 6

Diego Méndez e Rodrigo García establecen compañía cun capital de cen floríns de ouro para mercar cabalerías. (fols. 116v-117)

Diego Meendes.

A VI dias do dito mes Diego Meendes et Rodrigo Garçia do Conçieiro, morador enno Conçieyro, anbos presentes, feseron ontre dous abiinça de conpanía en esta gisa, que ontre anbos a dous que poon de de conpania çen frolliins douro, dos quaes cada huun pon çinqoeenta frolliins douro, dos quaes ditos çinqoeenta frolliins douro o dito Rodrigo Garçia se logo outorgou por por pago do dito Diego Meendes etç. et o dito Rodrigo Garçia ha de meter et enpregar os ditos çen frolliins douro en egoas ou poldros ou roçiins por sy e porlo dito Diego Meendes et toda a gañançia que deus en eles der, tirando cada hun seu caudal, que a partan de por medeo, ( fol. 116v)
para o qual anbos asy se obrigaron etç. Penna quinentos mrs. etç. Tests. Ares alfayate et Diego barbeiro.