GMH/ÍNDICE A-Z

142

marzo, 12

Xoán Pérez de Rioseco, por si e en nome de Pedro Álvarez de Lousada, denuncia a Pedro Díaz de Cadórniga pola toma de senllas cargas de panos e de “picote”. (fol. 43v)

Joan Peres.

A XII dias do mes de março, en Ourense, enna rua trabesa que vay para a Fonte do Bispo, presentes y Garçia Dias de Cadorniga, vasalo del rey, paresçeu y presente Joan Peres de Rio Seco juis e diso que por rason que por parte do dito Garçia Dias de Cadorniga lle fora tomado e pinorado huna carrega de pannos e outra de picote, o qual lle tomara Pero Alvares de Lousada por dez mill mrs. que lle o dito Garçia Dias devía de casamento de huna sua sobriña, por ende que el por sy e por lo dito Pero Alvares que frontava e requería ao dito Garçia Dias que pagase os ditos .- que asy devya ao dito Pero Alvares, en tal maneira que el ouvese sua pinora e pannos etç. senon que protestava por sy e por lo dito Pero Alvares de que \a de cobrar del ata dez mill .-/ el e o dito Pero Alvares podesen faser pinora en quaes quer beens do dito Garçia Dias e de se querellar etç. et que estan et o dito Garçia Dias diso que o desen con sua resposta. Tests. que foron presentes Alvaro Afonso da Fonteyna, Gomes de Chanta[da], Estevo Fernandes rejedores, Afonso Yanes juis da dita çidade. ( fol. 43v)