GMH/ÍNDICE A-Z

1069
1446, xaneiro, 30. Lugo

O bispo de Lugo afóralles a Estevo Rodríguez, á súa muller e a unha voz o lugar das Cortes e a herdade que traía Fernán Vázquez, por renda anual dun cuarteiro de pan e un marabedí, máis unha tega de pan pola herdade.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/16, perg. orix., galego, cortesá, 240 x 310 mm.
   

Sabeam quantos esta carta de foro viren como nos don Garçia de Vaamonde por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, oydor da Audiençia de noso senor el Rey et do seu Consello, veendo et entendendo que he noso proveyto et da dita nosa iglesia, aforamos a vos Estevoo Rodrigues de Froyan et a vosa muller, Eynes Peres, et a outra persona depus o postrimeiro de vos, et non seendo nomeada en vosa vida que seia persona aquel ou aquella que de dereito herdar vosos beens de dereito. Conven a saber que vos aforamos o noso lugar das Cortes con todas suas herdades et casas et vinas et outras cousas quaesquer a o dito lugar perteesçentes, asy brabas como mansas, et entradas et saydas, et avedes de dar de foro et penson, en cada hun ano, a nos et a noso moordomo hun quarteiro de pan por la teega dereita do dito lugar, et avedes de dar feyta et cuberta huna casa que esta en o dito lugar d’oie ata hun ano primeyro conplido et acabado, et mays me avedes de dar hun moravedi de cada hun ano por rason de hun moyno, et façedes en o dito lugar en o rigueiro que esta et corre a a sub o formal do dito lugar onde vos asy avedes de faser a dita casa. Et outrosy vos aforo mays a herdade que suya trager Fernan Vaasques de Pyneira con todas suas entradas et saydas, et avedesnos de dar delo de foro de cada hun ano huna teega de pan.

Et eu, o dito Estevoo Rodrigues, que presente soo por min et para a dita mina muller et persona asy reçebo de vos, o dito senor Obispo, o dito foro et obligo a min et a meus beens et da dita mina muller et perssona de o atender et conplir et pagar todo asy segundo dito he. Et a finamento da pustrimeyra persona, que subçeder en o dito foro, que seia tiuda et obligada de venir mostrar en como suceder por persona en o dito foro do dia que en el subçeder por perssona fasta triinta dias primeiros segentes, et non no conprindo asy que por ese mesmo feito que perga o dito foro. Et nos, o dito senor Obispo, asy vos lo outorgamos et obligamos a nos et a os beens da dita nosa iglesia de vos fasermos saao et de pas este dito foro. Et porque seia çerto mandamosvos delo dar esta nosa carta de foro firmada de noso nome et seelada con noso seelo pendente et signada do notario iuso escripto.

Que foy feyta et outorgada en a nosa çiudade de Lugo, trinta dias do mes de janeiro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et seys anos.

Testemoyas que foron presentes: Fernan Afonso, clerigo de Taboen; et Garçia Gutierres, clerigo de Inssoa; et Pedro de Vitoria, camareyro do dito senor Obispo.

Et yo Fernando Dias de las Camoyras, escrivano de nuestro senor el Rey et su notario publico en la su Corte et en todos los sus Regnos et senorios, a todo esto que dicho es presente fuy en unon con los dichos testigos et por mandado et otorgamiento del dicho senor Obispo este dicho foro fis escrivir, et por ende fis aqui este mi signo a tal en testimonio de verdad.

Fernando Dias.