GMH/ÍNDICE A-Z

231
1338, maio, 21
sentenza

Notificación ao Concello de Ourense dunha carta de Afonso XI (Burgos, 14 de abril de 1338) confirmando unha sentenza de Afonso X sobre a exención tributaria do bispo e o cabido.

ACOu, Escrituras II, 26

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 285-287)

Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Johan Anes notario publico da çidade d’Ourense porla ygleia desse lugar et das testemuyas adeante escritas o conçello da çidade d’Ourense juntado por pregon enna costra de Santa Maria a Madre hu he huso et custume de se juntar, presentes y Lourenço Domingues e Pero Maçia juises et Garçia Anes procurador do dito conçello e huna peça de omes boons do dito conçello, don Gonçalvo Peres thesoureiro da ygleia d’Ourense et Roy Peres coengo da dita ygleia en nome do onrrado padre e señor don Vaasco pela graça de deus bispo d’Ourense e en nome de sy e do dayan e cabidolo da dita ygleia presentaron e fezeron leer por min notario ao dito conçello et juises huna carta de nosso señor el rey don Affonso escrita en papel, aberta et aseelada nas costas con seu seelo, da qual carta o tenor atal he:

Don Alffonso por la graçia de dios rey de Castiella, de Leon, de Toledo, de Galizia, de Sevilla, de Cordova, de Murçia, de Jahen, del Algarbe et señor de Molina, al conçeio e alos juizes dela çibdat de Orense que agora son o serran daqui adelante, a qual quier o a quales quier de vos que esta nuestra carta vierdes, salut e graçia. Sepades que el obispo e el dean e el cabildo de y de Orense se nos enbiaron querelar e dizeron que sobre contienda que era entre vos e el conçeio dela una parte et el obispo e el dean e el cabildo que eran ala sazon dela otra, sobre razon delos escussados que el dicho obispo e dean e cabildo querian escusar delos pechos que entre vos acaesçian a pechar, que por vos partir vos las partes de custa et de daño que lo posiestes en mano et en poder del rey don Alffonso nuestro visavuelo que dios perdone, et que el rey que mandó fazer pesquisa sobre esta rason para que la el viesse e mandase sobrelo lo que toviese por bien, et que el dicho rey vista la pesquisa que por quanto fallara que el dicho obispo oviera e avya escusados enla dicha villa, que mandó por sentençia que el dicho obispo escussase seys menesterales ferrero e fornero e correro e seellero e alffayates e çapatero, et sin esto que escusase todos sus omes solteros e casados sus apaniguados que con el moraren en su casa. Et otrosy que mandó por sentençia que las personas e los canonigos de y de Orense que escusasen todos sus omes solteros e casados que fuesen sus apaniguados e moraren con ellos en sus casas segunt que mas conplidamiente se contien enla sentençia del dicho rey don Alffonso nuestro visavuelo que nos el dicho obispo envió mostrar en esta rason, la qual carta de sentençia dis que nos confirmamos despues delas Cortes de Madrit aca, et agora que vos el dicho conçeio e juyzes que les ydes e pasades contra esto et que dizedes que paguen enlos pechos que entre vos acaesçen a pechar alos omes del dicho obispo e cabildo que son escusados y enla villa por que dizedes que non moran ellos e sus mugeres con el dicho obispo en su casa, et en esto que les pasades contra la dicha sentençia et por esta rason que reçiben moy grand agravio, et enbiaron nos pedir merçed que mandasemos y lo que toviesemos por bien. Por que vos mandamos, vista esta nuestra carta, que aguardedes la dicha sentençia que el dicho obispo e dean e cabildo an en esta razon e confirmado de nos despues delas Cortes de Madrit aca segunt dicho es commo enela dise e lles fue gardada en tienpo delos dichos reys onde nos venimos, et daqui adelante que les non demandedes pecho ninguno que entre vos acaesçer a pechar alos omes del dicho obispo e cabildo que con el vivieren e con el moraren e fueren a sus apaniguados e tovieren y en la vila sus casas e sus mugeres por que digades que non moran ellos en casa del dicho obispo nin lles prendedes nin tomedes ninguna cosa delo suyo por esta razon contra la dicha sentençia. Et si por esta razon alguna cosa les avedes tomado o prendado que gelo dedes e entreguedes todo bien e conplidamiente en guisa que les non mingue ende ninguna cosa, ca nos tenemos por bien que maguer tengan los omes del dicho obispo mugeres e casas y en la dicha çibdat que non pechen en ningunos delos pechos que entre vos acaesçieren a pechar, pues que se contien enla dicha sentençia que son quitos commo dicho es, et non fagades en el por ninguna manera so pena dela nuestra merçed e de çient mrs. dela moneda nueva a cada uno. Et sy lo asy fazer non quisierdes mandamos al dicho obispo e dean e cabildo que volo non consientan. Et de commo esta nuestra carta fuer mostrada e la conplierdes mandamos a qual quier escrivano publico que para esto fuer llamado que dé ende al que vos la mostrar testimonio signado con su signo por que nos sepamos en commo conpliedes nuestro mandado, et non faga ende al so la dicha pena. La carta leida dagela. Dada en Burgos, catorse dias de abril, era de mill e trezientos e setenta e seys años. Yo Alfonso Fernandes la fis escrivir por mandado del rey. Gil Fernandes, Alvar Diaz vista, Johan de Canbranes.

A qual carta liuda e presentada, os ditos don Gonçalvo Peres tesoureiro e Roy Peres coengo diseron e frontaron aos ditos conçello e juyzes que conprisen a dita carta de nosso señor el rey en todo sigundo que se en ela contiiña. Et o dito conçello disso que pedia o tralado da dita carta et por que desian que eles avian pleito sobresta rason con o bispo por ante nosso señor el rey e o pleito estevese ontre eles pendente ante o dito señor el rey e dezian que pendente o dito pleito a dita carta fose gaanada agora novamente, et outrossy por que se temian que o dito señor obispo quisese proçeder contra eles en alguna maneira por rason da dita carta, que por ende que apelavan para a merçee de noso señor el rey e que poyñan seus corpos e seus averes su garda e deffendemento do dito señor el rey. Et pediron a min notario que lles desse desto huun publico estormento con meu signal. Esto foy en Ourense na dita costra de Santa Maria a Madre, quinta feyra, viinte e huun dia de mayo, era de mill e tresentos e seteenta e seys annos. Testemuyas que foron presentes Estevo Anes de Çimadevila, Johan Rodrigues, Gomes Ruvin çidadaos, Afonso Peres notario, Gomez Lourenço dito Çeleyroon, Johan Castelleiro mercador, Lourenço Laso tendeiro, Garçia Tacaño, Johan Martines tondidor, Gonçalvo Anes da Figueira, Martin Peres escudeiro do bispo, Affonso Virgo pixoteiro, Affonso Negro, Martin Ares, Pero Fernandes boffom, Martin Seixino, Miguell Tinoso carniçeiro, Johan Domingues do Canno, Pero Domingues (copeiro), moradores en Ourense.

Et eu Johan Yanes notario sobre dito a esto presente foy et o fige escrivir en miña presença et puge y meu signal en testemuyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Sentença dos scusados.

Materias

alcume; apelación; arquivo; artesán; avó; bispo; bufón; cabido; cardeal; carniceiro; celeiro; chancelaría; claustro; cóengo; concello; confirmación; copeiro; correeiro; Cortes; criado; curia bispal; deán; dignidades; escribán; escudeiro; familia; ferreiro; fidalgo; fisco; forneiro; homes bos; igrexa; indagación; mercador; neto; papel; pedidos; peixeiro; preito; prenda; procurador; provisión; publicación; querela; rei; rexedor; secretario; selo; sentenza; servizos; tendeiro; tesoureiro; traslado; tributos; tundidor; xastre; xuíz; zapateiro; notario

Persoas

Afonso Negro; Afonso Pérez, notario; Afonso Virgo, peixeiro; Afonso X, rei de León e Castela; Afonso XI, rei de León e Castela; Alfonso Fernández, escribán; Álvaro Díaz; Estevo Eáns de Cimadevila; García Eáns, dito Tacaño, avogado; García Eáns, procurador do concello de Ourense; Gómez Lourenzo, dito Celeiro; Gonzalo Eáns da Figueira; Gonzalo Pérez, tesoureiro de Ourense; Juan Cambranes, escribán; Lourenzo Domínguez, xuíz de Ourense; Lourenzo Eáns, dito Laso, tendeiro; Martiño Ares; Martiño Pérez, escudeiro; Martiño Seixiño; Miguel Tiñoso, carniceiro; Pedro Domínguez, copeiro; Pedro Fernández, bufón; Pedro Macías, xuíz de Ourense; Roi Pérez, cóengo de Ourense; Vasco Pérez Mariño, bispo de Ourense; Xil Fernández; Xoán Casteleiro, mercador; Xoán Domínguez do Cano; Xoán Martínez, tundidor; Xoán Rodríguez; Xoán Eáns, notario

Outros

Ourense, bispado; Castela, reino; Ourense, cabido; Ourense, concello

Lugares

Algarve, reino; Burgos; Canbranes; Córdoba; Galicia; León, reino; Molina de Aragón; Murcia; Ourense; Sevilla; Toledo, reino; Xaén