GMH/ÍNDICE A-Z

1191
1469, xuño, 12. Lugo
O chantre lucense, con poder do bispo, subrógalle por unha voz máis a Xoán de San Martiño o foro dos casais de Castro e de Guntín.

MADRID, AHN, Carp., 1333 C/3, perg. orix., galego, cortesá, 240 x 210 mm.

En a çiudade de Lugo, a dose dias do mes de juyo. Estando en casa de morada de Roy Lopes [...] et estando ende presente ho honrrado senor Juan Afonso Picado, chantre en a iglesia de Lugo, en presençia de min notario et dos testigos de juso escriptos, logo o dito Juan Afonso, chantre, diso que por virtude de hun poder et poderio a el dado et outorgado por lo reverendo senor dom Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, para moytas cousas en el contiudas fazer por el et en seu nome en a dita sua yglesia et obispado, o qual era firmado do dito senor Obispo et seelado con seu seello et signado et firmado do signo et nome de Juan Zarpa, escripvano et notario apostolico, o qual eu o dito notario vi et lii et conosçi seer asi verdade por ante os testigos de juso scriptos, et entre las outras cousas en el contiudas se contina huna clausola et poder que disia asi: «et outrosi damos por la presente carta poder conplido a o dito Juan Afonso, chantre, para que en noso nome posa acreçentar outra persona a Johan de Sant Martino, notario, vesino da dita nossa çiudade, en o foro que de nos ten dos casares de Castro et de Gontin aleen del outra persona, et outorgarle sobre elo carta de foro acostumada forte et firme como viren que conpre a el et a nos, et fazerle foro novo deles en a maneyra sobredita». Et logo enton o dito Juan Afonso, chantre, diso que por virtude do dito poderio a el dado por lo dito senor Obispo, et segum que millor et mays conplidamente o podia et devia fazer a dereito, que prolongava et prolongou estendia et estendeu et de novo fasia o dito foro dos ditos casares de Castro et de Gontin con todos seus anexos et pertenençias casas et herdades et dereituras deles et de cada hun deles et a elles perteesçentes, et novamente lle fazia o dito foro a o dito Juan de Sant Martino a el et a huna persona, alende de seus dias, para que tena o dito foro dos ditos casares de Castro et de Gontin et para que posa nomear persona en sua vida ou a o tempo de seu finamento, et non seendo por el nomeada a tal persona que seia quen erdar seus bees de dereito ou a mayor parte deles, a tal pleito et condiçon que o dito Juan Lopes de Sant Martino faga et correga de novo a casa de Castro que he do dito casal, et correga et repare a casa de Gontin do que lle for menester, et de et pague el et a dita persona despoys del de foro et serviçio a o dito senor Obispo, ou a seus moordomos que foren, en cada hun ano, en a terraria de Meylam, onde jasem os ditos casares, des teegas de pam por anbos et dous casares et que seiam por la medida por donde senpre pagou, postas en cada hun dos ditos lugares. Et fiinada a postromeyra persona despoys de vos que os ditos casares et casas fiquen cubertas et levantadas, fiquen libres et quitas et desenbargadas a a dita iglesia de Lugo et a o senor Obispo dela con todos los boos paramentos que en elas foren et esteveren feytos.

Et eu, o dito Juan Lopes de Sant Martino, que presente estou asi reçebo de vos o dito foro et [esecusion] et prolongamento et acreçentamento da dita persona en o dito meu foro para min et para a dita persona despoys de min con as ditas condiçiones susoditas, et obligo a min et a todos meus bees et da dita mina persona de o gardar conplir et pagar todo asi.

Et eu, o dito chantre et procurador do dito meu senor Obispo, asi vos lo outorgo et mando a o dito notario que vos lo de asi por testemoyo signado de seu signo o mays forte et firme que se poder faser et notar en dereito sobre la dita rason con consello de leterado. O qual dito chantre firmou aqui de seu nome et o seelou con o seelo do dito senor Obispo.

Que foy et pasou, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et nove anos, lugar, mes et dias sobreditos.

Testigos que foron presentes espiçialmente chamados et rogados: Pedro Rodrigues, carpenteyro; et Roy Lopes, sanchristan; et Juan de Villar, et Gomes Vasques de Villafiis; et Juan Pla[...]; et Juan, fillo de Afonso [...], sastre, et outros.

Vala entre regroes onde dis foro.

Et eu Gonçalvo Dourado, notario por la abtoridade apostolical, a todo o que sobredito he en un presente foy con os ditos testigos, et esta carta de foro et outorgamento feita por lo dito Juan Afonso, chantre, a o dito Juan de Sant Martino et a outra persona depoys del bem et fielmente escripvi, segum que ante min passou, et por outorgamento do dito chantre, que o firmou de seu nome, et por rogo do dito Juan de Sant Martino aqui meu signo et nome acostumados fize en testimonio de verdade que tal he rogado et requerido.