GMH/ÍNDICE A-Z

207
1325, febreiro, 16
Martiño Eanes e Afonso Eanes véndenlles a García Fernández e á súa muller as súas propiedades en Santa María de Alta por 100 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/11, perg. orix., galego, gótica cursiva, 176x82 mm.

En nonme de Deus. Nos Martin Iohanes et Affonso Eanes yrmaos, fillos de Iohan Avascado que foe, a vos Garcia Fernandez criado de Fernando Arias de Villa Fiiç, et a Aldara Eanes vosa muller, de boo coraçon vendemos todo quanto herdamento avemos et aver devemos en Rioboo et en Marcoy, et allur sub signo de Santa Maria Alta, con todas suas pertenenças et dereyturas, a montes et a fontes. Et reçebemos de vos por el en preço cem moravedis a VIIIº soldos o moravedi, en dineyros novees del rey don Fernando, de que nos outorgamos por ben pagados, et obligamos por todos nossos bees a deffender-vos senpre con esta vençon en paç, des oge mays avedeo senpre en paç vos et quem veer en vossa voç, todo nosso senorio et poderio removudos.

Feyta a carta XVI dias de febreiro, era de mill et CCC LXª et tres annos, en tempo del rey don Affonso, bispo en Lugo don Rodrigo, moordomos Lopo Fernandez et Pero Boquete.

Et nos sobreditos vendedores esta carta outorgamos et confirmamos. Os que presentes foron: Fernan Perez et Iohan Perez, criados de Pedro Iacome, et Gonçalvo Garcia, fillo de Garcia Fernandez de Matelo, Ioham Perez, dito de Sante, ts.

Et eu Pedro Iacome, publico notario de Lugo, presente fui et notey et escrivi esta carta et puge en ela meu signal. (+).