GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

494
1397, xaneiro, 6
foro

O cabido afóralles a catro voces a Gonzalo Colazo, zapateiro, e á súa muller, Costanza Colaza, unha casa na rúa da Barreira por 14 libras.

ACOu, Escrituras V, 39

Sabean quantos esta carta de aforamento viren commo nos o cabiidoo da igleia d’Ourense seendo juntado en noso cabiidoo enna caustra nova de San Martiño per son de canpaan tanjuda segundo que avemos de uso e de costume de nos juntar a fazer noso cabiidoo e per consintimento de Juan Afonso de Castro coengo enna dita igleia, vigario do dean ennos contrautos do cabiidoo por don Pero Gonçalves de Orosso dean enna dita igleia, damos e outorgamos, aforamos a vos Gonçalvo Colaço çapateiro morador en esta çibdade d’Ourense que sodes presente et a vosa moller Costança Colaça que non he presente e a quatro vozes apus morte do pustrumeiro de de vos quaes vos nomeardes ao tenpo do voso finamento, e non as nomeando que seian vozes aquel ou aqueles que os outros vosos beens erdar de dereito, asi que vaan as ditas vozes huna pus outra suçesive, conven a saber esto que vos aforamos, huna nosa casa que esta enna rua da Barreira indo para a Fonteyna, que demarca de huun cabo con outras casas de Tereija Peres dita Gatiña e do outro cabo demarca con outra casa de Juan Castadon et ten as portas enna dita rua publica da Barreira. Damos vos a foro a dita casa segundo esta demarcada con todas suas entradas e seidas, dereitos e perteenças, per tal pleito e condiçon que a reparedes de pedra e tella e de madeira e do al que lle mester fezer en maneira que non desfalesca por mingoa de lavor et de boon paramento e dedes ende a nos o dito cabiidoo ou ao noso mordomo que por lo tenpo for segundo costume da dita çibdade aos terços do anno quatorze libras de diñeiros brancos contando biinte soldos por libra ou a estimaçon deles enna moeda que correr, e do al que aiades a dita casa de dizemo a deus livre e quite de todo outro enbargo e cargo algun. Et he posto que se bos ou vosas bozes que a dita casa herdaren quiserdes bender, deitar ou sopiñorar que primeiramente frontedes con elo a nos o dito cabiidoo e nos la dedes por lo justo preço que vos outro por ela der, et non na querendo nos por ese preço reçeber enton a vendede, deitade, sopiñorade a tal personna que seia semellavel de bos que repare a dita casa segundo lle conprir e cunpra e agarde todas as condiçoons desta carta e cada huna delas. Et outrosi he posto que se pleito ou contenda recleçer entre nos o dito cabiidoo e nosa moller e vozes que se termine o dito pleito e contenda por dous omes boons de nos o dito tomados a prazer das partes, toda outra apelaçon remota. Et outro[si] he posto que por esto que dito he non posades fazer manda nin oniversario a outra igleia nin mosteiro nin santuario algun sacado a nos o dito cabiidoo. Et eu o dito Gonçalvo Colaço que soon presente por min e por la dita miña moller e vozes asi reçebo de vos o dito cabiidoo a dita casa aforada por la maneira e condiçoons que ditas son e obrigo todos meus beens moveles e raises gaanados e por gaañar que para reparar a dita casa commo (...) pagar o dito foro cada anno e conprir e agardar todas las condiçoons desta carta e cada (...) dito cabiidoo obligamos os beens da nosa mesa para vos enparar e defender a dereito en (...) vos aforamos commo dito he. Et he posto penna entre as ditas partes que a parte que (...) o non conprir e agardar que peite a parte agardante por nomme de penna e interese çen (... p)agada ou non esta carta e todo o en ela contiudo fique firme e valla enno tenpo e vo(... Feita ... ou)torgada esta carta enno dito cabiidoo seis dias do mes de janeiro, anno do na(... Crist)o de mill e tresentos e noventa e sete annos. Tests. que foron presentes (... ch)antre, Roy Gonçalves thesoureiro, Meend Ares, Diego Fernandes, Martin Gestosa, Martin (...) da Castiñeira coengos d’Ourense e outros.

Et eu Estevo Peres coengo enna igleia \d’Ourense/ e notario e chançeller da dita igleia e çibdade d’Ourense que ao sobre dito aforamento, outorgamento, reçebimento et a todo o que sobre dito he con as ditas tests. presente foy et esta carta segundo que passou por outro fielmente fiz scripvir et meu nome e signal aqui puge en test. de verdade rogado e requerido, et aprovo a glosa enno primeiro reglom desta suscripçon, diz ‘d’Ourense’, que foy erro.

Montan estas qatorse libras xxxvii mrs.

(sinal)