GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

208
1332, agosto, 18 (Prexigueiró)
venda

Domingo Pérez de Silvela, morador en Vilarchao, véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle todos os seus bens en Calvelle e Vilarchao por 550 mrs. de moeda portuguesa que lle debía.

ACOu, Escrituras X, 36

Enno nome de deus amen. Sabeam quantos esta carta virem que eu Domingo Perez de Silvela morador en Vilarchao da friguisia de Sam Miguell de Calvelle, por min e por toda mina voz e por mia moller Dominga Eanes que nom he presente, a qual devo dar a outorga desta carta, vendo e entergo[sic] por esta carta a vos Lopo Rodriguez de Sabadelle escudeiro de terra de Aguiar e a toda vossa voz para senpre, toda quanta erdade de dezemo a deus lavrada e por lavrar, casas e viñas, arvores, cortinas que eu aio e me perteençem de dezemo a deus enna friguisia de Sam Miguell de Calvelle e en Vilarchaao e en todos seus termios. Que vos e toda vossa voz aiades e pessuiades a herdade e cousas sobre ditas de dezemo a deus e livres doutro enbargo en jur de herdade para por senpre para fazerdes delas vossa voentade livremente e o que vos aprouver. Ca outorgo que reçebi por esto de vos bem e conpridamente todo o preço que a min e a vos aprouvo, convem a saber quinentos e çinqoeenta mor. da moeda portuguesa que agora corre de que contam xvi pares de dineiros novos por tres mor., dos quaees me outorgo por bem pagado en esta maneira: eu devyaos a vos ante desto gram tenpo avya e tiinades por eles obrigada e enterga a herdade e cousas sobreditas e estavades en pussissom delas, et outorgo que vos aiades a dita herdade para senpre e eu seia quite e livre daqui endeante para senpre dos ditos quinentos e çinqoeenta mor. que a vos devya. Et outorgo anparar vos e toda vossa voz senpre a dereito com esta vindiçon por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quem quer que contra esta carta e vendiçom veer aia a yra de deus e a mina maldiçom e peyte por ende de pena a vos e a vossa voz quanto demandar dobrado, et aa voz do arçibispo de Santiago peyte çem mor. da boa moeda de pena, e esta carta e vendiçom fiquem senpre firmes. Feyta a carta en Prexegueiroo de terra d’Aguiar, dez e oyto dias do mes dagosto, era de mill e trezentos e seteenta annos. Testimuyas que a esto presentes foron Johan Dominguez de Vilariño, Pero Eanes de Felgueiras do couto de Sam Pero de Rocas, Martin Casado de Prexegueiroo, Miguell Perez de Calvelle, Affonsso Eanes e Martin Lourenço escrivaaens d’Ourense.

Et eu Affonso Eanes notario publico en terra de Aguyar por nosso señor o arcibispo e pola igleia de Santiago que a esto presente foy e en mina presença o fige escrivir e meu sinal y puge en testimoyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Estas som tres cartas de Lopo Rodrigues.

Carta do cabido da erdade de Calvelle que foy de Lopo Rodrigues.