GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

277
1346, marzo, 3
querela

O bispo don Álvaro protesta ante os xuíces da cidade por ordenaren a prisión do seu criado Ares.

ACOu, Escrituras XIII, 58

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 297-298)

Era de mill e trezentos e oyteenta e quatro annos, tres dias de março. Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Gonçalvo Peres notario publico d’Ourense pola igleia desse lugar e das testemuyas sub escriptas ho onrrado padre e señor dom Alvaro pola graça de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourense disso frontando a Johan Anes e a Gonçalvo Peres juyses d’Ourense que ben sabian em commo prenderam Ares seu home que andava con Gonçalvo Folete seu escudeiro, et em commo custume era aguardado ena çidade d’Ourense que a memoria dos hommees non he en contrario que quando acaesçia que alguun aia querela dalguun ome de clerigo que querelasse ao seu castelleiro e o castelleiro que o tomava e fazia del conprimento de dereito aos querelosos, et aynda que o querelasse aos juyzes que os juyzes non no devian a tomar salvo se o achasse en presença eno malefiçio, et se o eno malefiçio achassem e o tomassen que o devian logo a dar ao castelleiro con aquelas querelas que del ouvessen. Et outrossy que esto meesmo avya de fazer o castelleiro aos vezinos da villa cada que acaeçesse que os en alguun malefiçio achasse. Et que eles o dito Ares que o non acharan em malefiçio nihuun, et pois que o prenderan e o tiñan presso que lles disia e frontava que o dessem logo ao seu castelleiro con aquelas querelas que del avian, et que o castelleiro faria del conprimento de dereito aos querelossos. Et se o assy faser non quissessen que protestava deles demandar ho oussio que feseran enno prender. Et outrossy a segurança que nosso señor el rey possera entre o bispo e cabidoo da igleia d’Ourense, e o conçello que caira que por rason da dita prigon do dito Ares seu home britaran, et os ditos juyses pediron a min notario que lles desse o tralado desta fronta e que averian con el consello e que em outro dia que lle darian resposta aquela que entendessen que fose serviço do dito señor obispo e fosse sem seu dano deles. Esto foy em Ourense em este dia e era sobre ditos. Tests. dom Pero Suarez dean, dom Pero Eanes chantre, Bertolameu Peres mestrescola de Mondunedo coengo d’Ourense e Gil Martines raçoeiro, Roy Dias camareiro do dito señor obispo, mestre Martino.

Et eu Gonçalvo Peres notario sobredito que a esto presente foy e este estormento que desto (dey) ao dito señor obispo en miña presença o fige escrivir e meu signal y (pu)ge que tal he.

(sinal)