GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

284
1346, decembro, 28
venda

Roi González, morador en Pioselo, véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle tres fanegas de pan (dúas de centeo e unha de millo) e tres mrs. de brancos sobre o herdamento de Reboredo, por 80 mrs.

ACOu, Escrituras X, 54

Enno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta viren que eu Ruy Gonçalves, criado de Gonçalvo Martines clerigo morador en Peossello e fillo de Maria Santorum que foron, por min e por toda mina voz vendo e logo por esta presente carta entrego a vos Loppo Rodrigues escudeiro, fillo de Rodrigo Ares cavalleiro que foy de terra d’Aguiar e de Aldonça Rodrigues sua moller, e a toda vossa voz para senpre, tres fanegas de pan, as duas de çenteo e huna de millo, e tres mor. de brancos da moeda de noso señor el rey don Affonso de dez diñeiros cada mor. pelo herdamento que foy de Johan Eanes dito Gache1 que he en Revoredo, na friguesia de Sam Miguell de Calvelle. Vendovos esto que dito he de dizimo a deus, livre e quite doutro enbargo, asi que vos e toda vossa voz façades das ditas tres fanegas de pan e tres mor. da dita moeda toda vossa voontade e o que vos aprouver. Ca outorgo que reçebi de vos ben e conpridamente todo o preço que a vos e a min aprouvo de me por elo dardes, conven a saber oyteenta mor. de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey don Affonso de dez diñeiros cada mor. os quaes mor. de vos reçebi en presença do notario e testemuyas adeante escriptas. Et tollo de min e de toda mina voz todo dereito, jur, señorio, posisson, propiedade, voz e auçon e dereito que eu aio e de dereito poderia aver ennas ditas tres fanegas de pan e tres mor. de brancos que vos vendo commo dito he, todo o tollo e removo e parto de min e de toda mina voz e poñoo en vos e en toda vossa voz en corporal posisson delo para senpre por esta presente carta. Et obligo todos meus beens gaañados e por gaañar para anparar vos e toda vossa voz senpre dereito con as ditas tres fanegas de pan e con os ditos tres mor. que vos vendo commo dito he. Et quen quer que contra esta carta e venda veer en parte ou en todo aia a yra de deus e a mina maldiçon, et peite a vos ou a vossa voz por nome de pena çinqoeenta mor. de brancos, et aa voz del rey outros tantos peite, et a dita pena pagada ou non esta carta e venda fique firme e valla para senpre. Feita a carta en Ourense, viinte e oyto dias de dezenbro, era de mill e trezentos e oyteenta e quatro annos. Testemuyas Vasco Peres e Johan Rodrigues moradores em Çebolino e Gonçalvo Rapatoios e Affonso Froytoso escrivan.

Et eu Gonçalvo Peres notario publico da çidade d’Ourense polla igleia desse lugar que a esto presente foy e en miña presença o fis escrivir e meu nomme e signal y puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de tres fanegas de pan pola herdade que foy de Joan

Eanes dito Gachel que’está en Revoredo ena freguesia de Calvelle.